ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoNoticia LíderSociedad

“Queremos ver o campo da festa cheo”: o barrio de Sar comeza o seu Entroido

París de Noia e DJ Magán esta noite; desfile con entroidos recoñecidos como Festa de Interese Turístico o sábado, sesión vermú, música e verbena nun programa que combina tradición e ambiente festivo

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de febrero de 2026 a las 12:12

Compartir

O barrio de Sar comeza hoxe a súa festa de Entroido tras meses de intenso traballo por parte da Comisión de Festas, integrada na Asociación Cultural Eu de Sar de toda a Vida. Antía Antelo, presidenta da comisión, xunto con Nicolás García e Suso Regueiro, explicaron nos micrófonos de Radio Líder Santiago o esforzo que hai detrás dunha celebración que inicialmente estaba prevista para San Blas pero que tivo que ser adiada polas inclemencias meteorolóxicas.

“Foi bastante difícil tomar a decisión de adiar”, recoñeceu Antelo. As condicións meteorolóxicas facían inviable garantir a seguridade de artistas, organización e público. Finalmente, optouse por reformular o programa e integrar a celebración co Entroido, mantendo boa parte do cartel previsto e ampliando a programación tradicional. “Ao final queremos o mellor para o barrio e facer as festas o mellor posible dentro das nosas posibilidades”, subliñou.

Dous días de festa con verbena, desfile e entroidos de interese turístico

A programación arrinca esta noite na Colexiata de Sar cunha gran verbena que comezará ás 22:00 horas. A protagonista será a orquestra París de Noia, acompañada por DJ Magán, nunha sesión que se prolongará ata as 04:00 da madrugada. Desde a comisión recoñecen que traer unha formación deste nivel supón unha aposta ambiciosa que se leva preparando desde setembro, cun importante esforzo económico e organizativo.

O sábado será o día grande do Entroido tradicional. A xornada comezará ás 12:30 horas coa sesión vermú a cargo de Dúo Dilema. Ás 15:00 horas producirase a saída desde Viso de Correos, Xenerais e Comparsas, acompañados pola Charanga Os Atrevidos. A partir das 17:30 horas celebrarase o desfile desde o Cruceiro de Sar ata a Colexiata, coa incorporación dos Boteiros e Fulión de Viana do Bolo e das Madamas e Galáns de Cobres, que acompañarán aos Xenerais da Ulla.

Os Boteiros e Fulión forman parte dos Entroidos do Oriente Ourensán, declarados Festa de Interese Turístico Nacional, mentres que as Madamas e Galáns de Cobres e os Xenerais da Ulla están recoñecidos como Festa de Interese Turístico de Galicia. Na chegada á Colexiata terá lugar o tradicional atránque dos Xenerais, así como as exhibicións das diferentes agrupacións.

Desde a comisión animan especialmente á participación activa da veciñanza. “Animamos a todo o mundo a que veña disfrazado e a facer moita festa de Entroido”, sinalou Antelo. O sábado rematará cun novo tramo de verbena a cargo de Unión y Fuerza e novamente Dúo Dilema, tamén ata as 04:00 da madrugada.

Meses de traballo, compromiso e ilusión polo barrio

Detrás deste programa hai un equipo de 14 persoas que asumiron o relevo da comisión en setembro. O seu labor vai moito máis alá dos días sinalados no calendario. Reunións constantes, contratacións, venda de lotería, visitas casa por casa para cobrar cotas, organización de rifas e actividades como o fin de ano forman parte dun traballo continuo que comeza moito antes de que se monte o escenario.

“Non é só o día da festa, é un traballo que comeza en setembro”, explicou Nicolás García, resumindo o que implica formar parte dunha comisión de barrio.

A presidenta destacou tamén a importancia da coordinación interna e da implicación colectiva. “Cada un ten o seu papel, pero todo é importante”, afirmou, incidindo en que manter viva unha festa tradicional require esforzo compartido.

Desde a comisión fan un chamamento á veciñanza para garantir a continuidade das celebracións no futuro e manter viva unha tradición que forma parte da identidade de Sar. A partir desta noite, música, patrimonio cultural e convivencia daranse a man cun obxectivo claro: ver o campo da festa cheo e seguir facendo barrio.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

Asociación Eu de Sar de toda a vidaComisión Festas SArEntroido SarFestas Barrio Sar
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.