ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

Preto de 350 ciclistas participarán este domingo na Transgalaica Ames 2026

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de febrero de 2026 a las 10:28

Compartir
  • A Transgalaica Ames 2026 será a primeira das cinco probas que percorrerán a xeografía galega este ano, convertendo a Bertamiráns no epicentro do ciclismo nacional
  • A proba está organizada polo club ciclista amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay, e, ademais, conta coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Ames

Ames, 26 de febreiro de 2026.- O Concello de Ames, en colaboración co club ciclista amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay (Transgalaica) acolle este domingo 1 de marzo unha nova edición da carreira ciclista Transgalaica, un dos circuítos de BTT máis importante do noroeste español e unha das citas con maior repercusión no mundo do ciclismo. Nesta décima entrega que se organiza en Ames hai inscritos 345 ciclistas (334 na Transgalaica e 11 na Transgalaica do futuro correspondente á categoría júnior). A saída realizarase dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9:30 horas, onde comezará un circuíto de 32 quilómetros que haberá que percorrer dúas veces, facendo así en total unha proba de 64 quilómetros.

O vindeiro domingo 1 de marzo, o Concello de Ames ten a honra de inaugurar o circuíto de BTT máis importante do noroeste español. A Transgalaica Ames 2026 será a primeira das cinco probas que percorrerán a xeografía galega este ano, convertendo a Bertamiráns no epicentro do ciclismo nacional. Con 10 anos de historia consecutiva (salvo a paréntese de 2021 por mor da situación epidemiolóxica provocada pola Covid), esta cita é xa un emblema pola súa beleza paisaxística. O Pazo da Peregrina e o icónico Monte San Marcos volverán a ser algúns dos lugares por onde discorrera esta proba de ciclismo de montaña.

Esta proba, que se vai celebrar o domingo 1 de marzo e a cal conta con 345 participantes inscritos, está organizada polo club ciclista amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay, e, ademais, conta coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Ames. Este ano o circuíto de bicicleta de montaña Transgalaica conta con cinco probas: a primeira será a de Ames, e seguiranlle o 15 de marzo a proba de Silleda, o 29 de marzo a de Cerdedo-Cotobade, o 26 de abril a proba de Friol e o 10 de maio pecharase o calendario na Estación de Manzaneda.

Percorrido da proba

Ás 9.30 horas, os ciclistas comezarán a pedalear diante do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A proba pasará polas inmediacións de Aldea Nova, Covas, Augapesada e Lamas ata chegar ás instalacións do Real Aeroclub de Santiago, en Piñeiro. Unha vez aí, os corredores pasarán polo alto do monte Liñaredo, os arredores do Monte San Marcos e Ventosa. Dende aí volverase ata Bertamiráns pola emblemática baixada da alta tensión do monte preto de Aldea Nova. O percorrido completo pode ser consultado en Wikiloc.

Estímase que os primeiros ciclistas completen a primeira volta sobre as 10:49 e a segunda sobre as 12:03 horas. Antes, dende as 8:00 horas, comezará a entrega de dorsais na propia zona do Pazo. Pola súa banda, a entrega de premios terá lugar a partir das 14:00 horas. O percorrido desta edición será semellante ao da pasada edición. Na segunda volta, non se subirá á zona de Aldea Nova e os participantes irán directamente polo sendeiro fluvial Rego dos Pasos, que estará debidamente indicado o propio día da proba.

Os/as participantes terán que dar dúas voltas a un circuíto de 32 quilómetros completando un percorrido de 64 quilómetros (aproximadamente) e que conta cun desnivel de 1.600 metros. Por motivos loxísticos e de seguridade, establécese un control de paso no quilómetro 32 da proba. Os/as participantes que non pasen por el antes de 2 horas e 10 minutos deberán retirarse clasificando co tempo marcado nese punto. Ademais, haberá unha carreira sprint, na que o seu resultado computará puntos para a clasificación xeral absoluta da Transgalaica. Só puntuarán os primeiros 25 clasificados en pasar pola liña de meta na primeira volta. Premendo nesta ligazón podes consultar o regulamento xeral da Transgalaica.

Restricións de tráfico previstas esta fin de semana

O desenvolvemento da proba obrigará a establecer unha serie de restricións no tráfico rodado local. Deste xeito, prohibirase o estacionamento na avenida José Luis Azcárraga dende o sábado 28 de febreiro, ás 23.00 horas, ata o domingo 1 de marzo, ás 15.00 horas. Tamén haberá cortes de tráfico nesta avenida José Luis Azcárraga ata a aldea de Capeáns o domingo1 de marzo dende as 7.30 ata as 15.00 horas.

Por este motivo, e para garantir a seguridade e integridade dos participantes e demais veciñanza, recoméndase evitar as vías mencionadas e utilizar un desvío alternativo dende Covas cara a Bertamiráns: DP-0203 (Augapesada – Bertamiráns), AC-453 (Roxos – Portomouro) e AC-543 (Santiago – Bertamiráns). Podes consultar a información completa na seguinte ligazón.

Orde de saída e clasificacións

A orde de saída estará determinada nos seus 100 primeiros postos polas 100 primeiras posicións da clasificación xeral absoluta da Transgalaica. A organización resérvase ademais 10 dorsais de libre designación. O resto de ciclistas colocarase por orde de inscrición. Estableceranse as clasificacións individuais masculina, feminina e clasificación por equipos. Para a clasificación xeral individual puntuarán as 75 primeiras persoas da clasificacións absoluta de cada proba. A maiores, establecerase unha clasificación por categorías para a que puntuarán os 25 primeiros de cada categoría.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ademais destas puntuacións, haberá trofeos para os tres primeiros de cada sub-categoría, tanto masculina (S23, elite, M30, M40, M50/60), como feminina (elite-sub23 e máster).

Etiquetas

amesciclismodeportesTransgalaica Ames 2026
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación