ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Preséntase a terceira edición da xornada de innovación “InnovAmes”

 

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de enero de 2024 a las 17:09

Compartir

 

 

Trátase dunha xornada de innovación para as empresas de Ames que se celebrará o vindeiro 26 de xaneiro no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que estarán presentes empresas referentes en innovación afincadas en Ames

Nel tamén participarán varios centros educativos amesás como son o IES de Ames, o IES de Milladoiro, o CEIP Agro do Muíño e o CEIP de Barouta. Estes tres últimos contarán co seu propio stand no evento

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explicou que a programación deste ano “pretende reunir empresas para compartir novidades e proxectos nos seus sectores, e facilitar a comunicación con escolas e universidades para fomentar as inquedanzas pola innovación”

Haberá catro grandes mesas de debate sobre a IA desde distintos puntos de vista, como a educación ou o comercio electrónico

Ames, 18 de xaneiro de 2024.- O Concello de Ames presentou esta mañá a terceira edición de InnovAmes, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que se celebrará o vindeiro 26 de xaneiro no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que estarán presentes empresas referentes en innovación afincadas en Ames. O obxectivo deste evento é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando as a colaboración entre empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames. Para máis información sobre o InnovAmes, pódese consultar a programación do evento nesta ligazón.

O espazo de coworking A Proa do Milladoiro acolleu esta mañá a presentación da III Xornada InnovAmes, que se vai celebrar o vindeiro 26 de xaneiro no pavillón polideportivo do Milladoiro. Ao acto asistiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; unha das organizadoras do evento, Rebeca Mariño, de Designthinking.gal; a representante de Mirabelle Comunicación, Rocío González; a vicedirectora do IES do Milladoiro; e representantes das empresas Sistemius, Codery, Indígena Films, Temporit e Serea Films, así como da Asociación de empresarios Novo Milladoiro.

A xornada InnovAmes é un evento para todos os públicos que busca xerar un espazo para a aprendizaxe e o diálogo, no que as empresas do concello de Ames acheguen as últimas tendencias en innovación e xeren sinerxias que dean lugar a novos proxectos e oportunidades empresariais. Nel tamén participarán varios centros educativos amesás como son o IES de Ames, o IES de Milladoiro, o CEIP Agro do Muíño e o CEIP de Barouta. Estes tres últimos contarán co seu propio stand no evento.

O alcalde de Ames, Blas García, expuxo os motivos polos que o InnovAmes se celebra no Milladoiro: “o polígono industrial do Milladoiro é un polo tecnolóxico e innovador non só no noso concello, senón tamén en Galicia e España”. Ademais, destacou que a finalidade deste evento non é só poñer en valor o talento e a capacidade das empresas amesás, senón tamén “implicar ás novas xeracións no crecemento do tecido empresarial do concello”. Tamén sostivo que o concello seguirá a traballar nesta liña e anunciou que, desde o goberno municipal, se está a estudar a posibilidade de crear unha xuntanza anual co sector tecnolóxico e audiovisual do municipio para impulsar novos proxectos e iniciativas.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, foi a encargada de abrir a presentacións. Deste xeito, explicou que a programación deste ano “pretende reunir empresas para compartir novidades e proxectos nos seus sectores, e facilitar a comunicación con escolas e universidades para fomentar as inquedanzas pola innovación”. Así mesmo, agradeceu a colaboración e implicación tanto das empresas como dos centros escolares participantes.

Sobre esta cuestión tamén falou Carmen Porto, concelleira de Mocidade, que explicou que o InnovAmes contará con stands de tres centros educativos (o CEIP Agro do Muíño, con 67 nenos e nenas; o CEIP de Barouta, con 55; e o IES do Milladoiro, con 20) e coa visita do alumnado do IES de Ames. Destacou que para o Concello de Ames é “un pracer que os centros educativos inclúan este evento na súa programación anual, xerando un espazo para a aprendizaxe e o diálogo entre empresas e alumnado para dar pé a novos proxectos”.

Con respecto ás empresas organizadoras do InnovAmes, a representante de Mirabelle Comunicación, Rocío González, subliñou que iniciativas como esta serven para “dar visibilidade á variedade de servizos e posibilidades de continuidade e desenvolvemento empresarial que existen dentro do noso concello”.

Programación

O groso da programación está conformado por charlas e mesas de debate sobre cuestións como a tecnoloxía, a innovación, o audiovisual ou o emprego de novos materiais. Así mesmo, haberá catro grandes mesas de debate sobre a IA desde distintos puntos de vista, como a educación ou o comercio electrónico.

As actividades programadas durante a sesión matinal estarán dirixidas non só ao sector profesional, senón tamén aos centros escolares de Ames, co obxectivo de proporcionar ao alumnado referentes profesionais e laborais, así como fomentar a inquedanza pola innovación entre os máis novos.

Deste xeito, os escolares e representantes das empresas afincadas en Ames poderán escoitar a figuras como Olga Osorio (directora de cinema, xornalista, profesora e fotógrafa) ou Simón Casal de Miguel (guionista, director e montador). Ademais, tamén poderán participar en diversos obradoiros nos que, entre outras cousas, poderán aprender a distinguir textos xerados pola IA de textos escritos por humanos. Durante o descanso da mañá poderán achegarse á mesa saudable para probar os iogures de CLUN Feiraco.

Espazo de exposición

Tamén haberá un espazo de exposición no que os asistentes poderán coñecer de primeira man estes proxectos e outros exemplos innovadores nos que traballan as empresas do concello de Ames, así como os proxectos presentados polos centros educativos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O evento completarase cunha sesión de tarde, dirixida ás empresas e ao público interesado, na que se poderá escoitar a Iria Rodríguez, directora do departamento de I+D de TEIMAS; ou a Román López, Director de Proxectos Internacionais, Intelixencia artificial e cloud computing en Bahia Software. Tamén se coñecerán os proxectos presentados polas empresas amesás e farase entrega dos premios aos/ás gañadores/as. Así mesmo, o público poderá asistir a diversos obradoiros durante a tarde e, como punto final da xornada, gozarase dunha actuación musical a cargo de María Iglesias e duns petiscos.

Etiquetas

amesInnovAmes
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación