ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

PP exige ao BNG escoitar as queixas dos veciños da rúa Poza Real sobre as pantallas antiruído

 

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de abril de 2024 a las 23:13

Compartir

 

 

O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, advertiu que nalgunha vivenda “quedan tan preto que poden ata tocalas coas mans desde as fiestras, e, o que é máis grave, o proceso de instalación podería afectar aos cimentos das casas

Explicou tamén que “os afectados botan en falta, por parte do BNG, sensibilidade e unha implicación coa defensa dos intereses dos veciños desta zona que, sen embargo, si tiveron noutros lugares de Santiago, onde ADIF non executará a instalacións deses “mamotretos” que os illan do resto da cidade”

O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, vén de recoller as queixas dos veciños da rúa Poza Real e a súa contorna, no barrio de Conxo, por unhas pantallas antirruído que acaba de colocar ADIF ao longo da liña do ferrocarril, posto que a altura destas instalacións e a curta distancia nas que se atopan as súas vivendas provocará que os inmobles acaben cegados, sen vistas, luz e ventilación.

O popular explicou que, nalgunha vivenda, “quedan tan preto que poden ata tocalas coas mans desde as fiestras, e, o que é máis grave, o proceso de instalación podería afectar aos cimentos das casas.

De la Fuente subliña que “os veciños non pediron as pantallas posto que consideran suficientes as instaladas hai anos, que contan con tres metros de altura e son transparentes, polo que deixan pasar vistas e luz, fronte as actuais que son opacas e de seis metros de altura, polo que transformarán algunha casa nunha auténtica cova”.

Ante esta situación, De la Fuente denuncia a falta, por parte do BNG, de sensibilidade e unha implicación coa defensa dos intereses dos veciños desta zona que, sen embargo, si tiveron noutros lugares de Santiago, onde ADIF non executará a instalacións deses “mamotretos” que os illan do resto da cidade”.

Ao concelleiro popular sorpréndelle a falta de empatía, comprensión e respaldo aos afectados por parte dos nacionalistas, posto que coñecen directamente polos veciños a situación e non foron quen de representalos ante ADIF, co fin de acadar unha solución menos agresiva a un “suposto” problema que, insisten, eles non padecen e que aseguran que “é bastante máis molesto o ruído dos vellos autobuses que pasan por aquí diante”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para o popular, os nacionalistas debían poñerse no lugar dos veciños, en vez de defender os intereses de ADIF, polo que “terían xa que ter contactado coa xerencia do ente ferroviario e instalos a buscar unha solución ao problema real que crearon, que non é outro que afogar as casas deses veciños, con esta actitude parecen non estar ocupados cos problemas da xente, pero si preocupados por non crearlle molestias a ADIF”.

Etiquetas

compostelaconxodenunciapoza realppradio lider santiagoruidosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Un incendio nunha vivenda okupada de Conxo provoca unha gran columna de fume
Destacado

Un incendio nunha vivenda okupada de Conxo provoca unha gran columna de fume

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago
Destacado

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago

Habla el bisnieto del último alcalde de Conxo: “Rosalía era conxense, no picheleira ni padronesa”
Actualidad

Habla el bisnieto del último alcalde de Conxo: “Rosalía era conxense, no picheleira ni padronesa”

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes
Actualidad

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes