ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP de Santiago pide unha solución urxerte aos cables soltos en barrios e rural

Líder Redacción

Líder Redacción

30 de septiembre de 2025 a las 14:36

Compartir
  • Nerea Barcia visitou á veciñanza de Villestro, que leva meses soportando unha situación de perigo evidente pola presenza de cables que invaden a estrada. A edil comprobou como estes elementos dificultan o acceso ás vivendas e obrigan aos peóns a apartarse, o que pon en risco a súa seguridade.
  • Lembrou que “as veciñas e veciños teñen máis dun ano reclamando solucións, enviando queixas ao goberno nacionalista sen obter resposta e a única “solución” que recibiron, ata o de agora, foi atar os cables con fíos a uns postes, unha chapuza que non resolve o perigo”.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, reclamoulle hoxe ao goberno nacionalista que proceda a levar a cabo unha actuación urxente “ante a grave e inexplicable situación de moitos cables e postes da luz en barrios e no rural santiagués”.

Barcia visitou esta semana á veciñanza de Villestro, que leva meses soportando unha situación de perigo evidente ante a presenza de cables que invaden a estrada. Durante o encontro, a edil popular puido comprobar, de primeira man, como estes elementos dificultan o acceso ás vivendas e obrigan aos peóns a apartarse, o que pon en risco a súa seguridade.

“A preocupación -dixo- é aínda maior, porque pola zona pasan a diario moita rapazada, posto que o lugar está preto da ponte e o paseo, o que transforma a este punto nun lugar especialmente perigoso”.

Nerea Barcia lembrou que “as veciñas e veciños levan máis dun ano reclamando solucións, enviando queixas ao Concello sen obter resposta e a única “solución” que recibiron, ata o de agora, foi atar os cables con fíos a uns postes, unha chapuza que non resolve o perigo e que, ademais, deixa a varias vivendas sen servizo de internet”.

“Viven atemorizados ante a posibilidade de que aconteza un accidente grave- remarcou a popular-, e os nacionalistas seguen mirando cara outro lado e a esta problemática súmase a falta de limpeza da ponte e das fincas colindantes, o que incrementa o perigo e amosa, unha vez máis, a pasividade do goberno de BNG e CA”.

Nerea Barcia asegurou que “nin se notifican aos propietarios, nin o goberno local actúa, a pesar de que isto se repite noutras parroquias, como en San Cristovo, no Eixo ou no Rial de Conxo”.

“Cómpre reiterar -indicou- que todos estes veciños presentaron denuncias a través da aplicación Liña Verde, mais seguen sen recibir resposta nin solución algunha por parte dos nacionalistas”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, Barcia concluíu que, “dende o Partido Popular de Santiago esiximos explicacións inmediatas ao goberno de BNG e CA e reclamamos actuacións urxentes antes de que teñamos que lamentar consecuencias irreparables”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.