Pepo Suevos ofrece un monólogo de improvisación e entrada libre neste coñecido local preto da Catedral
O Restaurante Raxoi, en pleno centro histórico de Santiago e moi preto da Catedral, acollerá o vindeiro xoves, 5 de febreiro, o monólogo de improvisación titulado “Á caída” da man do humorista e actor Pepo Suevos.
Líder Redacción
28 de enero de 2026 a las 15:35
A función comezará ás nove e media da noite e promete un espectáculo sen guión, sen filtros e sen límites, no que o humor se constrúe no momento e coa complicidade do público. Un formato fresco, espontáneo e moi directo, fiel ao estilo dun dos cómicos máis recoñecidos do panorama galego.
A entrada é gratuita, aínda que desde o Restaurante Raxoi lembran que o acceso será ata completar aforo, polo que recomendan facer reserva previa. Ademais, propoñen un plan redondo: cear e rir, porque —como lembran desde o propio local— co bandullo cheo as risas sempre saen mellor.
As reservas poden facerse no teléfono 981 07 15 85.
Unha cita diferente para gozar do humor en directo no corazón de Compostela.
