ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Pedro Blanco destaca a transformación turística do Barbanza-Arousa co apoio do Goberno de España

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de marzo de 2025 a las 21:53

Compartir
  • O Ministerio de Industria financia con case 2,5 millóns de euros os principais proxectos da Estratexia de Transformación Turística que desenvolve nos concellos de Ribeira, Rianxo, Boiro e A Pobra do Caramiñal
  • Recoñece a capacidade de xestión da Mancomunidade para aproveitar todas as oportunidades que ofrece o Plan de Recuperación do Goberno
  • O acto contou coa asistencia da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas e do director da División de Programas Turísticos e Asuntos Económicos da Secretaría de Estado de Turismo, José María Pérez

Rianxo (A Coruña), 31 de marzo de 2025.- Pedro Blanco exemplificou hoxe na estratexia de transformación turística da Mancomunidade de Municipios do Barbanza-Arousa a aposta do Goberno de España pola modernización do sector turístico e dos destinos e que se traduce en case 2,5 millóns de euros de investimento do Ministerio de Industria e Turismo nos proxectos desta Mancomunidade. Fíxoo durante a presentación de resultados do proxecto ‘Traslatio Experimental. Ruta Mar de Arousa e Río Ulla”, que tivo lugar no Pazo de Martelo, en Rianxo.

Na súa intervención, que clausurou o acto, o delegado lembrou que o Goberno de España traballa desde hai cinco anos na modernización do sector turístico nacional, a través de fondos propios e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. E cifrou en máis de 200 millóns de euros os investimentos do Goberno en Galicia neste proceso, “apostando posta pola modernización das empresas turísticas, e por un turismo respectuoso, sostible e dixital, que xere riqueza e traballo de calidade no territorio”.

Deste investimento, o delegado destacou o que financia a transformación dos destinos turísticos de Galicia, “para facelos atractivos durante todo o ano, e para poñer en valor o conxunto dos recursos do noso país”. Esta tarefa faise a través do Plans de Sostibilidade Turística en Destinos, que, no caso de Galicia, actúan en 43 destinos con máis de 100 millóns de euros de fondos achegados polo Goberno de España, e en colaboración co resto de administracións (Concellos, Deputacións e Xunta de Galicia).

Mancomunidade do Barbanza-Arousa

O delegado do Goberno felicitou á xestora da Mancomunidade do Barbanza-Arousa e aos catro alcaldes dos Concellos que integran esta entidade supramunicipal (Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro) pola súa capacidade de aproveitar as oportunidades do Plan de Recuperación e converterse “nun exemplo magnífico do impacto que está a ter en Galicia este programa de transformación impulsado polo Goberno de España”. Desta maneira, o Goberno de España “sempre estivo ao lado” desta entidade no seu proceso de modernización turística, da que financia os seus dous proxectos principais con case 2,5 millóns de euros.

Por unha banda, o Ministerio de Industria e Turismo financia con 1,5 millóns de euros o Plan de Sostibilidade Turística “Barbanza Arousa, Viaxe a Través dos Sabores”, que combina o aproveitamento turístico do potencial gastronómico destes carto concellos coa recuperación do patrimonio histórico.

Xunto a este plan, que está en execución, o Ministerio tamén financia con 976.000 euros o proxecto ‘Traslatio Experimental. Ruta Mar de Arousa e Río Ulla”, que se presentou hoxe. Este plan ten como obxectivo potenciar o Roteiro Xacobeo Mar de Arousa Río Ulla, garantindo o desenvolvemento turístico e mellorando a experiencia do turista e a calidade de vida dos residentes, e todo iso, facendo uso da tecnoloxía e da innovación.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O acto de hoxe, que se celebrou no Pazo do Martelo, en Rianxo, contou tamén coa participación da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas e do director da División de Programas Turísticos e Asuntos Económicos da Secretaría de Estado de Turismo, José María Pérez.

Etiquetas

barbanza arousa
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Barbanza-Arousa se posiciona en Fitur como destino enogastronómico a través de la historia y los productores locales
Actualidad

Barbanza-Arousa se posiciona en Fitur como destino enogastronómico a través de la historia y los productores locales

A Mancomunidade Barbanza Arousa presenta o seu Plan de Promoción Turística para 2025
Comarca

A Mancomunidade Barbanza Arousa presenta o seu Plan de Promoción Turística para 2025

Barbanza Arousa fortalece o seu posicionamento turístico en FITUR
Actualidad

Barbanza Arousa fortalece o seu posicionamento turístico en FITUR