ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

Panorama congrega preto de 7.000 persoas no Milladoiro

A programación de “Ames en Festas” continuará da man da orquestra París de Noia, que abrirá as festas da Peregrina

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de agosto de 2024 a las 21:40

Compartir

Gran Parada será a encargada de clausurar esta noite as festas da Madalena

Ames, 6 de agosto de 2024.- Este mércores, 7 de agosto, arrancan en Bertamiráns as festas da Peregrina, uns festexos que se prolongarán ata o domingo día 11 con música e verbena para todos os públicos. Serán cinco días de troula que se suman aos cinco xa vividos no Milladoiro con motivo da Madalena. En total, dez días que se enmarcan na programación “Ames en Festas”, que este 2024 uniu por terceira vez as festas da Madalena e da Peregrina, froito da colaboración do Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina, e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

Os dous principais núcleos de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, celebran por terceiro ano consecutivo as súas festas de xeito conxunto. O resultado desta unión é o cartel “Ames en festas”, unha programación de dez días de música, concertos e actividades para todos os públicos. O arranque tivo lugar no Milladoiro, coas festas da Madalena que, tras atraer a preto de 7.000 persoas da man da Orquestra Panorama, rematan hoxe coa actuación da Orquestra Gran Parada. Tras cinco días de festexos, mañá Bertamiráns tomará a remuda coa celebración das festas da Peregrina.

Mañá, mércores 7, comezará a música e a verbena coa actuación da Orquestra París de Noia e Disco Móbil CDC no campo da festa da Peregrina, ás 23:00 horas. Na mesma liña continuarán as festas o xoves 6, coa actuación da Orquestra Los Satélites no campo da festa da Peregrina a partir das 23:00 horas.

O venres 9 a noite arrincará no parque do Ameneiral co concerto de Guadi Galego ás 21:00 horas. De seguido, ás 23:00 horas no campo da festa da Peregrina haberá verbena a cargo do grupo La Banda de Ayer e a discoteca móbil Impacto.

Para o sábado 10 de agosto está prevista a actuación da Requinta da Amaía e a CoralLojo Batalla xunto con Los Coleguitas e a discoteca móbil Fabrik. As festas rematarán o día 11 coas actuacións de Airiños do Paseo de Colón, da Banda de música de Lousame e da Orquestra Tania Veiras.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ademais, os días 7, 8 e 9 haberá pasarrúas a cargo das charangas A Santa Compaña, Os Celtas e a BBB de Ourense.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.