ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Padrón saca adiante un skatepark no Campo da Barca e a Ruta do Pemento de Herbón

 

Líder Redacción

Líder Redacción

30 de enero de 2024 a las 20:40

Compartir

 

 

  • O Goberno Municipal dotará a Padrón dun skatepark, parque de calistenia e mellorará o entorno da ribeira do Sar no Campo da Barca.
  • O Pleno aproba o IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2024-2028 e o primeiro Protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo no Concello de Padrón
  • O Pleno aprobou, tamén, unha nova ruta cultural-gastronómica: a Ruta do Pemento de Herbón, que comezará este ano.

O pasado xoves, 25 de xaneiro, celebrouse o Pleno do Concello de Padrón que aprobou propostas moi importantes para a vila, tanto a nivel social como turístico. Padrón terá unha zona verde de paseo, duplicará o tamaño do parque infantil existente e construirá o primeiro skatepark e parque de calistenia do municipio. “Por fin, a mocidade de Padrón e os deportes urbanos comezarán a ter o seu lugar. Se queremos un pobo dinámico e cun ocio san é a nosa obriga como Goberno dotar ao municipio de instalacións como estas”, dixo o alcalde. “Pese á importancia de Padrón, así como da súa industria que xera milleiros de postos de traballo, nestes últimos anos a poboación de Padrón decreceu. Para loitar contra isto, queremos dotar a este concello de novos espazos para que a xente decida ter un plan de vida aquí”. Engadiu Anxo Arca.

Tras varios anos sen Plan de Igualdade, o Goberno Municipal considera que a aprobación do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2024-2028 e do primeiro Protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo no Concello de Padrón será un gran avance. Xa que nel se establecen as liñas a seguir a prol da igualdade estes catro anos. Cada acción que leve a cabo o Concello estará comprometida coa liberdade sexual e a identidade de xénero coa finalidade de corrixir todas as desigualdades. Segundo o alcalde, “este compromiso non quedará no papel como mero trámite, senón que marcará as liñas de traballo na procura dunha igualdade real e efectiva. É dicir, será de toda a cidadanía de Padrón e, polo tanto, terá un seguimento durante estes anos mediante unha avaliación que levará a cabo o CIM (Centro de Información á Muller), así como o seu control”. Nesta liña, Anxo Arca quere remarcar o gran traballo que fan as traballadoras do CIM na loita contra a violencia de xénero no día a día en Padrón.

A Ruta do Pemento aprobada buscará reforzar a identidade gastronómica do pemento de Herbón, así como a dinamización da actividade económica. Para elo, plantéxase unha actividade inmersiva que permitirá ás visitantes e aos visitantes coñecer o entorno das zonas de cultivo, os lugares históricos ligados á súa implantación e as fases da produción do pemento, ademais da súa degustación.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.