ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

Padrón exaltará a lamprea con degustacións, obradoiros e xornadas divulgativas

 

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de febrero de 2024 a las 19:23

Compartir

 

 

  • A décima edición das Xornadas gastronómicas da lamprea desenvolveranse nas dúas primeiras fins de semana de marzo
  • Os restaurantes O Secreto, Pulpería Rial, O Santiaguiño e Farrucán ofrecerán menús lampreeiros a un prezo único de 50 euros
  • Persoas adultas e cativada terán a oportunidade de aprender a cociñar este manxar
  • Dous obradoiros achegarán ao público ás moitas peculiaridades desta delicia do Ulla

Padrón. 12-2-2024.- Padrón exaltará un dos seus produtos máis xenuinos na décima edición das Xornadas gastronómicas da lamprea, que se desenvolverán nas dúas primeiras fins de semana de marzo. Un total de catro establecementos ofrecerán a posibilidade de degustar os seus menús lampreeiros a un prezo único de 50 euros os días 1,2,3, 8, 9 e 10 de marzo. Ademais, un showcooking, un certame infantil de cociña e dous obradoiros divulgativos contribuirán a dar a coñecer tamén a cotizada delicia do Ulla.

Restaurante O Secreto, Pulpería Rial, Restaurante O Santiaguiño e Casa Farrucán son os establecementos aos que poden dirixirse ás persoas que queiran degustar os menús lampreeiros, formados por entrantes, un segundo plato de lamprea, sobremesa e bebida. As opcións de cada restaurante, nas que destaca a tradicional preparación á bordalesa, poden consultarse na web de Turismo de Padrón e é preciso facer reserva previa chamando directamente ao local elixido, sempre tendo en conta que a dispoñibilidade dependerá da existencia de produto.

O Concello de Padrón completa estas xornadas gastronómicas cunha serie de actividades nas que a lamprea é a protagonista e que teñen como fin dar a coñecer a historia e as peculiaridades dun manxar que vén celebrándose na zona do río Ulla dende época romana e que hoxe en día só se pode atopar dentro da Península en áreas moi concretas de Galicia. A súa singularidade vén, ademais, reforzada polo feito de que se trata dun produto altamente estacional que únicamente se pode degustar nesta época.

Actividades complementarias

O programa de actividades abrirase o venres 1 de marzo cun showcooking no que as persoas participantes terán a oportunidade de seguir as explicacións dun cociñeiro experto para elaborar en vivo tres platos con lamprea. A inscrición, gratuíta, poderá facerse na web de Turismo de Padrón a partir do 15 de febreiro e as prazas, limitadas e dirixidas a persoas adultas, outorgaranse por rigorosa orde de apuntamento.

O sábado 2 será a cativada quen teña a oportunidade de demostrar as súas dotes culinarias no obradoiro infantil que se desenvolverá no auditorio a partir das once da mañá. Nenas e nenos de entre 5 e 12 anos encargaranse de cociñar dous pratos nos que utilizarán a lamprea como ingrediente principal. A inscrición abrirase tamén o 15 de febreiro en www.padrontruismo.gal/inscricions.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Xa na seguinte fin de semana, en concreto o sábado día 9 de marzo, desenvolveranse dous obradoiros de divulgación científica que nos achegarán ás moitas peculiaridades da lamprea. O primeiro, para cativada de entre 6 e 12 anos, terá lugar ás 11 da mañá e leva por título ‘Tes un primo prehistórico’. O segundo desenvolverase a partir das sete da tarde e nel as persoas adultas poderán saber ‘Por que falar de monos tendo lampreas?’. Como nos casos anteriores, a inscrición para ámbalas actividades farase na web de Turismo de Padrón a partir do 15 de febreiro.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.