ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDeportes

Padrón e Rois homenaxean a Blanco Villar, Vidal e Oliveira no Día da Bicicleta con 150 participantes

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de agosto de 2024 a las 17:16

Compartir
  • Os concelleiros padroneses Luis Mariño e Chus Campos e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, entregáronlles sendas placas aos tres ciclistas da comarca que participaron na Vuelta a España
  • Os tres serán recibidos o martes polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, e asinaran no Libro de Honra do Concello
  • A cita enmárcase dentro dos eventos previos á undécima etapa de La Vuelta que terá a saída e a chegada no Campus Tecnolóxico Cortizo o día 28

Padrón/Rois. 24-08-2024.- Máis de 150 persoas participaron esta mañá no Día da Bicicleta e na homenaxe que o Concello de Padrón e o Concello de Rois lle renderon a tres grandes figuras do ciclismo que levaron o nome da comarca ao máis alto na Vuelta a España: Suso Blanco Villar, José Manuel Oliveira e José Ángel Vidal. Esta festa enmárcase nos actos para conmemorar a celebración da undécima xornada da Vuelta a España que o vindeiro mércores, día 28, terá saída e chegada no Campus Tecnolóxico de Cortizo.

Antes de tomar a saída, os tres ex ciclistas profesionais recibiron sendas placas conmemorativas desta xornada. A tenente de alcalde de Padrón, Chus Campos Varela, entregoulle o recoñecemento a José Manuel Oliveira; o edil de deportes, Luis Mariño, fixo o propio con José Ángel Vidal, e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, entregoulle a placa a Suso Blanco Villar.

Os tres ciclistas homenaxeados serán recibidos o vindeiros martes polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, e asinarán no Libro de Honra do Concello.

O evento, organizado en colaboración coa Deputación da Coruña e o Club Ciclista Padronés, foi unha festa do deporte na que participaron persoas de todas as idades (dende nenos a maiores de 80 anos). As máis de 150 persoas inscritas percorreron 15,5 quilómetros nun percorrido con saída e chegada no paseo do Espolón de Padrón e que contou cun avituallamento intermedio na praia fluvial de Seira, en Rois, onde os ciclistas puideron repoñer forzas antes de continuar a súa travesía.

Todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa e diferentes agasallos. Ademais, ao finalizar o percorrido, Miguel Ángel Núñez González foi o afortunado que gañou a bicicleta que se sorteou entre todas as persoas participantes.

Esta xornada deportiva non só promove un estilo de vida saudable, senón que tamén serve para honrar o legado dos ciclistas que, co seu esforzo e dedicación, puxeron o nome de Padrón e de Rois no mapa do ciclismo nacional. Tan só na Vuelta a España, José Ángel Vidal participou en seis edicións, Suso Blanco Villar en tres edicións e José Manuel Oliveira en dúas. Durante a súa carreira profesional tamén acumulan victorias de etapa e participacións no Tour de Francia e no Giro de Italia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Este evento forma parte das actividades previas á undécima etapa da Vuelta Ciclista a España, que terá como punto de saída e chegada o Campus Tecnolóxico Cortizo o día 28 de agosto, un feito que subliña unha vez máis a tradición ciclista da comarca do Sar.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.