Padrón adía o Desfile e o Concurso de Entroido ao 15 de marzo
O Concello de Padrón informa de que, debido ás malas previsións meteorolóxicas, o desfile e o concurso de Entroido previstos para esta fin de semana quedan aprazados. A nova data de celebración será o sábado 15 de marzo.
Líder Redacción
6 de marzo de 2025 a las 13:43
A decisión tomouse co obxectivo de garantir a seguridade e o bo desenvolvemento do evento, permitindo así que todas as persoas participantes poidan gozar do Entroido nunha xornada festiva sen inclemencias climatolóxicas que dificulten a súa celebración.
Desde o Concello de Padrón lamentamos as molestias que este cambio poida ocasionar e agradecemos a comprensión de veciños, participantes e asistentes.
Animamos a toda a cidadanía a manter a ilusión e os disfraces preparados para celebrar o Entroido con máis ganas o vindeiro día 15 de marzo.