ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDeportesDestacado

Pablo Otero e Nouhaila El Gazouir gañan a Padrón 10K máis multitudinaria da historia

 

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de febrero de 2024 a las 00:11

Anxo Arca (esquerda) e Luis Mariño, coa cinta de saída da 10K

Compartir

 

 

  • O alcalde, Anxo Arca, e o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, cortaron a cinta de saída na proba reina.
  • Elsa Pena e José Canda foron os primeiros na 5K
  • Récord de inscricións nas 21 edicións desta proba con 1.434 atletas, 721 na proba longa, 260 na de cinco quilómetros e 453 escolares
  • A veterana Elvira Tresguerras, de 71 anos, rematou os cinco quilómetros convencida de que superou de novo o récord galego da súa categoría

Padron. 3-2-2024.- Non houbo sorpresas esta tarde na Padrón 10K, que na súa vixésimo primeira edición marcou récord de participación con 1.434 atletas inscritos. Pablo Otero, do Atletismo Torrelavega, e Nouhaila El Gazouir, do C.D. Arzúa, foron os gañadores absolutos na proba de dez quilómetros. A veterana Elvira Tresguerras, do Club Atletismo Sar, cruzou a meta da 5K aos seus 71 anos en 32:22, convencida de que acaba de superar, de novo, o récord galego na súa categoría. Martina López Cristal e Roberto Agrelo Gómez foron os mellores atletas padroneses.

O alcalde, Anxo Arca, e o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, cortaron a cinta de saída na proba dos dez quilómetros, a máis numerosa das que se celebraron esta tarde, con 721 atletas participantes. Na proba de 5K participaron 260 atletas e outros 453 competiron nas diferentes categorías escolares que se disputaron dende primeiras horas da tarde e que, xunto ao bo tempo, facilitaron un grande ambiente no campo do Souto e en moitas rúas de Padrón.

Gañadores da 10K. Pola esquerda: Gustado Santiago (2º), PabloOtero (1º) e David de la fuente (3º)

Na proba reina, a 10K, os pronósticos acabáronse cumprindo e Pablo Otero Fariña, do Atletismo Torrelavega (30:42) e Nouhaila El Gazouir, do CD Arzúa (34:25) foron os gañadores absolutos. Completaron o podio masculino Gustavo Santiago (30:50) e David de la Fuente (31:17). Na categoría feminina, Natalia Castro (37:06) e Nati García (39:17) foron segunda e terceira, respectivamente.

Na 5K, Elsa Pena (18:23) impúxose na categoría feminina, seguida de Antía Rodríguez (18:33) e Iria Fernández (18:47); mentres que José Canda (15:14), Pedro Liste (15:25) e Jarno Pousada (15:33) conformaron o podio masculino.

Nouhaila El Gazouir (5) gañou a 10K

Por equipos, o Club Atletismo Sar volveu ser un ano máis o gañador, seguido do Club Triatlán Compostela e do Nosportlimit.

Os podios nas clasificacións de sub 10 a sub 18 quedaron do seguinte xeito:

Sub 10: Celia Mella, Gabriela López e Lara Guerra en feminino, e Alexandre Costa, Biel Roura e Ismael Barros, na masculina.

Sub 12: Julia Fagilde, Ainhoa Reboiras e Deva Pallás, na feminina; e Xabier Rodil, Sergio Coira e Gabriel Nogueira, na masculina.

Sub 14: Daniela Bayón, Ainoa Galán e Judit Barros, na feminina; e Hugo Furelos, Xoel Otero e Manuel Martínez, na masculina.

Sub 16: Daniela Bruzos, Lola Villar e África Gil, na feminina; e Marti Miguéns, Iker Vázquez e Enrique Magariños, na masculina.

Sub 18: Alba Felpeto, Adriana Rebolo e Lola González, na feminina; e Daniel Maneiro, Adrián Sesar e Aaron Crende, na masculina.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Todas as clasificacións pódense consultar na páxina web de Emesports, neste enlace

Etiquetas

deportespadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete
Deportes

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española
Deportes

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española