ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

Os socialistas de Santiago absteranse nos Orzamentos de 2026 por ser «pouco realistas»

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de marzo de 2026 a las 10:47

Compartir
  • Gumersindo Guinarte subliña que “non son os nosos orzamentos” e confirma que o grupo socialista non pode apoiar o documento pola incorporación moi parcial das propostas socialistas tras o proceso de negociación co Goberno municipal.
  • O voceiro socialista critica a forte redución do investimento, que se sitúa na metade do previsto en 2025, e unha previsión de ingresos “pouco realista”.
  • Os socialistas advirten de que manterán unha vixilancia estreita sobre vivenda e servizos públicos, ámbitos nos que detecta importantes carencias.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, anunciou que o grupo municipal socialista optará pola abstención no Pleno municipal de hoxe, no que se debaten os orzamentos de 2026, ao considerar que o proxecto presentado polo Goberno de Sanmartín non responde ás necesidades da cidade nin ás prioridades defendidas polos socialistas.

Guinarte explicou que o grupo socialista non pode votar a favor ao non compartir aspectos clave do documento, como “a previsión de ingresos, que nos parece pouco realista”, e puxo como exemplo a estimación de ingresos por multas, que cualificou de “non razoable”.

O voceiro socialista criticou tamén a previsión de gasto e advertiu de que, malia tratarse do orzamento “máis alto da historia do Concello de Santiago”, contempla unha partida de investimentos “moi reducida”, xa que “é a metade da prevista no orzamento de 2025”.

Neste sentido, subliñou que “Santiago necesita moitos investimentos” e advertiu de que o Concello “non pode facer esa redución tan significativa” nun ámbito clave para o desenvolvemento da cidade.

Guinarte cualificou ademais o proxecto de “pouco ambicioso” no relativo aos fondos europeos e sinalou que o Goberno municipal “non parece estar na liña de facer unha xestión áxil e eficaz” destes recursos. Así, advertiu de que a previsión de execución para 2026 “é moi escasa” e pode comprometer oportunidades de financiamento.

Con todo, o voceiro socialista explicou que o grupo tampouco votará en contra tras un proceso de negociación no que o Goberno municipal incorporou “unha parte, moi parcial, das nosas propostas”, tanto en actuacións concretas como en compromisos políticos. Esta aceptación parcial, indicou, é a que leva aos socialistas a adoptar “esta posición intermedia de abstención”.

En todo caso, Guinarte advertiu de que o Grupo Municipal Socialista manterá unha actitude “vixiante” para que o Goberno municipal atenda cuestións prioritarias para a cidade.

Neste sentido, lembrou que Santiago “segue tendo un problema moi grave de vivenda” e reclamou medidas como a mobilización da vivenda baleira para facilitar o acceso ao alugueiro. Ademais, insistiu na necesidade de mellorar os servizos públicos municipais, “sobre todo a limpeza”, así como o transporte e a mobilidade.

“O Grupo Municipal Socialista estará vixiante, con diálogo como sempre, pero esixindo que o Goberno municipal mellore cuestións fundamentais para os veciños e veciñas de Santiago”, concluíu.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

orzamentospoliticaSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago