ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Os socialistas acusan ao PP de bloquear o pago de facturas por servizos prestados ao Concello

Guinarte subliñou que a falta de planificación do executivo local liderado polo BNG e Compostela Aberta non pode servir como argumento para bloquear obrigas xa contraídas.

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de noviembre de 2025 a las 17:11

Compartir

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2025.- O Grupo Municipal Socialista criticou hoxe a decisión do Partido Popular de votar en contra da autorización para abonar facturas correspondentes a servizos xa prestados ao Concello de Santiago. Segundo explican, o rexeitamento do PP bloquea de novo a tramitación destes pagamentos, o que afecta tanto a empresas como á prestación ordinaria de servizos municipais.

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, lamentou que a situación se repita e advertiu de que esta actitude prexudica directamente á cidadanía. “No pleno deste xoves, unha vez máis, o Partido Popular impediu que o seu voto en contra que se paguen as facturas polos servizos que foron prestados ao Concello. Xa non é a primeira vez que acontece isto e non é a primeira vez que, dentro do Grupo Municipal Socialista, denunciamos que non se poden tomar os cidadáns e as cidadás de Santiago como reféns, utilizalos en contra das políticas do Goberno Municipal. Os servizos que se prestaron, hai que pagalos”, afirmou.

Guinarte subliñou que a falta de planificación do executivo local liderado polo BNG e Compostela Aberta non pode servir como argumento para bloquear obrigas xa contraídas.

“A mala xestión do Goberno Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Compostela Aberta non pode ser escusa para non permitir que esas facturas, eses servizos prestados, sexan debidamente aboados. Non se poden tomar a cidadanía, as empresas, as empresas prestadoras de servizos como reféns desa situación de mala xestión do Goberno Municipal. E, por tanto, o Partido Popular, unha vez máis, demostra que non lle importan os cidadáns de Santiago”, insistiu.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O portavoz socialista advertiu tamén das consecuencias económicas desta situación, que afecta directamente a compañías que traballan para o Concello. “O único que lle importa é facer unha oposición destrutiva e aplicar esa máxima de canto peor mellor, aínda que iso supoña que os veciños e veciñas de Santiago e outras empresas que prestaron servizos o Concello non cobren por eles en debida forma”, concluíu.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.