ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Os “Seráns de Ames” incorporan Ortoño, Covas e Trasmonte á súa programación

Por cuarto ano consecutivo, os “Seráns de Ames” volverán a traer diferentes actividades musicais, teatrais e de circo ás parroquias do rural amesán para todos os públicos, desta volta, incorporando por primeira vez como sedes dentro do programa as parroquias de Ortoño, Covas e Transmonte

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de junio de 2025 a las 21:59

Compartir

A iniciativa, que orixinalmente naceu no 2021 como os ‘Seráns de Tapia’ ofrecendo só espectáculos na praia fluvial de Tapia, foi medrando e trasladándose a outras parroquias do rural, apostando por diversificar as propostas culturais de Ames a diferentes localizacións do concello

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “este ano incorporamos tres parroquias novas e, ademais, procuramos que coincidiran coas festas parroquiais para aumentar así as xornadas festivas. Deste xeito, é unha oportunidade para que todos os veciños e veciñas do rural teñan oportunidade de poder ver todas as actividades que facemos no concello”

Ames, 19 de xuño de 2025.- Por cuarto ano consecutivo, os “Seráns de Ames” volverán a traer diferentes actividades musicais, teatrais e de circo ás parroquias do rural amesán para todos os públicos. Desta volta, incorpóranse por primeira vez como sedes dentro do programa Ortoño, Covas e Transmonte. A iniciativa, organizada polo departamento de Bibliotecas coa colaboración do de Mocidade, Cultura e Normalización Lingüística, trae un total de seis propostas en cinco parroquias do concello que se desenvolverán os xoves dos meses de xullo e agosto, sempre a partir das 19.00 horas.

O campo da festa de Transmonte acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición dos “Seráns de Ames”, unha programación de verán que propón diferentes actividades polas parroquias do rural amesán. Como novidade, este ano estréanse como sedes Ortoño, Covas e Transmonte, repartindo así as seis actividades previstas, que terán lugar os xoves de xullo e agosto a partir das 19.00 horas, nun total de cinco parroquias.

A iniciativa, que orixinalmente naceu no 2021 como os ‘Seráns de Tapia’ ofrecendo só espectáculos na praia fluvial de Tapia, foi medrando e trasladándose a outras parroquias do rural, apostando por diversificar as propostas culturais de Ames a diferentes localizacións do concello.

Ao acto asistiron o responsable do departamento de Bibliotecas, concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística e alcalde de Ames, Blas García; o concelleiro de Atención ao Rural, Javier Antelo; a concelleira de Benestar Social, Uxía García; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez; a técnica do departamento de Normalización Lingüística; a técnica do departamento de Mocidade, Pili Villaverde; e Santi Eirís, persoal do departamento de Bibliotecas.

O responsable do departamento de Bibliotecas, concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística e alcalde de Ames, Blas García, destacou que “a intención é ir ampliando a outras parroquias do noso concello e trasladalo ao rural. Este ano incorporamos tres parroquias novas coma Ortoño, Covas e Trasmonte e, ademais, procuramos que coincidiran coas festas parroquiais para aumentar así as xornadas festivas. Deste xeito, é unha oportunidade para que todos os veciños e veciñas do rural teñan oportunidade de poder ver todas as actividades que facemos no concello”.

Programación dos “Seráns de Ames”

Os “Seráns de Ames” desenvolveranse ao longo de tres xoves do mes de xullo e outros tres xoves do mes de agosto, alternando as propostas entre a praia fluvial de Tapia, a carballeira de Bugallido, e os campos da festa de Ortoño, Covas e Trasmonte.

A praia fluvial de Tapia volverá a abrir un ano máis o programa, que dará comezo o xoves 3 de xullo, ás 19.00 horas, co pregón inaugural, que realizará Inés Suárez, cantante do grupo As Maianas, e co espectáculo de circo, dirixido a público infantil, ‘Ghop! Teatro ao cubo’.

Por outra banda, o xoves 10, ás 20.00 horas, terá lugar no campo da festa de Ortoño a actuación musical ‘Lembra Xabarín’, unha proposta para todos os públicos que pretende viaxar no tempo para así voltar aos anos 80 e 90 e rememorar á época do Xabarín Club para os adultos e descubrilo para os máis pequenos.

Así mesmo, os Seráns de Ames continuarán o xoves 17, tamén ás 20.00 horas, no campo da festa de Covas, unha das parroquias que se estrean neste programa. Nesta xornada haberá dúas propostas, unha delas, será o concerto do grupo de mozos amesáns Teen, cun estilo musical máis instrumental, e a continuación, será a quenda de Los Starbros, unha agrupación formada tamén por mozos que están a comezar no mundo da música e que están apostando polo rock.

A programación do mes de agosto comezará o xoves 14, ás 20.00 horas, no campo da festa de Trasmonte, coa actuación de Pablo Balseiro & Los Cascarillas. Balseiro, músico e compositor dende os 14 anos, ten participado en numerosos proxectos e con bandas ao longo da súa traxectoria profesional, e acumula ás súas costas máis de 600 concertos ás súas costas.

Na mesma liña, a carballeira de Bugallido acollerá o xoves 21, ás 20.00 horas, o espectáculo dirixido para todos os públicos do grupo formado polas ex-integrantes de Leilía, Montse Ribera e Mercedes Prieto, As Armadanzas “Do Courel ao Condado”. Nesta proposta, farase unha viaxe por todo o folclore galego, interpretando pezas de diferentes localidades galegas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Como vén sendo habitual, a praia fluvial de Tapia tamén será o escenario escollido para pechar os “Seráns de Ames”. Nesta ocasión, a derradeira actividade do programa terá lugar o xoves 28, ás 19.00 horas, con ‘Xogos miudiño’ de María Iglesias, gañadora do Canta con Ames, que traerá unha proposta musical para os máis pequenos da casa.

Etiquetas

amesserans en ames
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación