ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Os Reis Magos adiantan a súa chegada a Santiago ao sábado 4 de xaneiro

As Súas Maxestades de Oriente comunicaron ao Concello de Santiago que adiantan a súa chegada á capital galega a este sábado 4 de xaneiro debido as condicións meteorolóxicas previstas para o domingo, véspera do día de Reis. A Cabalgata de Reis ‘Boa Estrela’ percorrerá as rúas da cidade ata chegar á praza do Obradoiro e ao Pazo de Raxoi onde a cativada poderá gozar do concerto de María Fumaça e unha chocolatada.

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de enero de 2025 a las 14:36

Compartir

Na mensaxe que trasladaron Melchor, Gaspar e Baltasar á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e á concelleira de Festas, Pilar Lueiro, confirmaron que as carrozas estarán dispostas para saír este sábado, pero que debido a este adianto non poderá participar toda a comitiva que tiñan prevista.

Mantense a mesma hora programada para a cabalgata, a partir das 17.30 horas con saída da praza da Mercé de Conxo e chegada á praza do Obradoiro. As Súas Maxestades sairán ao balcón saudar a todas as persoas asistentes e tamén recibirán no Salón Vermello do Pazo de Raxoi as cartas da rapazada.

Melchor, Gaspar e Baltasar recalcan que traballarán igualmente na noite do 5 de xaneiro en horario de madrugada para facer entrega dos agasallos.

Pola súa parte, o Concello de Santiago mantén o concerto de María Fumaça na praza do Obradoiro e a chocolatada e tamén reorganizou os servizos de seguridade e limpeza para o sábado. Durante a xornada de hoxe, o persoal do Concello tamén colaborará cos Reis Magos para avisar a todas as familias que participan na comitiva.

CABALGATA DE REIS ‘BOA ESTRELA’

17.00 h

Os Reis Magos de Oriente chegan á praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo e ás 17.30 h iniciarán o percorrido polas rúas da cidade ata a praza do Obradoiro.

Percorrido: Praza da Mercé e desfile pola avenida de Ferrol, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, rúa do Hórreo, praza de Galicia, rúa da Senra, porta Faxeira, rúa do Vilar, praza das Praterías, travesa de Fonseca e praza do Obradoiro.

19.00 h

Praza do Obradoiro – Chegada da Cabalgata dos Reis Magos á Praza do Obradoiro e recepción por parte da alcaldesa e da Corporación.

19.30 h

Pazo de Raxoi – Saída dos Reis Magos ao balcón do Pazo de Raxoi.

Hai intérprete de signos

Haberá chocolate con churros de balde no soportal do pazo de Raxoi

19.45 h

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Pazo de Raxoi – Inicio da recepción dos Reis Magos, que recibirán os nenos e nenas de Compostela que desexen entregarlles persoalmente a súa carta.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.