ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacado

Os peóns terán maior protagonismo na «nova» Avenida da Mahía de Bertamiráns

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de diciembre de 2023 a las 19:03

Compartir
  • O proxecto contempla a mellora estética e funcional das beirarrúas, incrementando o espazo para uso dos peóns
  • O proxecto foi adxudicado á empresa BCNOR Gestión y Soluciones Avanzadas SL
  • Para executar estas obras asinouse un convenio entre o Concello de Ames e a Deputación da Coruña

Ames, 30 de novembro de 2023.- A Xunta de Goberno Local de Ames aprobou o pasado 23 de novembro a adxudicación das obras de mellora das beirarrúas da Avenida da Mahía por un importe de 298.144,00 €. O proxecto contempla a mellora estética e funcional das beirarrúas, incrementando o espazo para uso dos peóns. Estas actuacións completaranse coa colocación de baldosa de formigón e coa inclusión de bordos de formigón como elementos de separación co viario. O proxecto foi adxudicado á empresa BCNOR Gestión y Soluciones Avanzadas SL.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, avanza na ampliación das beirarrúas na Avenida da Mahía co obxectivo de continuar o traballo de humanización da principal arteria de Bertamiráns. Para executar estas obras asinouse un convenio entre o Concello de Ames e a Deputación da Coruña. Deste xeito, a entidade provincial achega o 80% do financiamento do proxecto (240.964 euros) e a Administración local o 20% restante (60.241 euros). O pasado 23 de novembro aprobouse a adxudicación do proxecto á empresa BCNOR Gestión y Soluciones Avanzadas SL, por un importe de 298.144,00 € (246.400€ da oferta e 51.744€ correspondentes ao 21% de IVE).

Accións previstas

Actualmente as beirarrúas de ambos marxes da avenida da Maía presentan un estado deficiente e heteroxéneo como consecuencia das distintas intervencións realizadas, así como do uso da maquinaria de limpeza viaria que, debido ao peso e ao uso habitual, ocasionan danos. Existen, ademais, numerosas arquetas e pozos de rexistro que, nalgún dos casos, se atopan deteriorados.

Por este motivo, as actuacións previstas neste proxecto están orientadas non só a conseguir unha mellora estética e funcional, senón tamén a incrementar o espazo público empregado polos peóns nesta avenida. Ademais das beirarrúas, colocarase baldosa de formigón vibrado e unha capa de xabre. Como elementos de separación co viario incluiranse tamén bordos de formigón prefabricado e as súas respectivas cunetas.

Os vaos para vehículos ao seu paso polas beirarrúas resolveranse coa colocación dun pavimento de 20 centímetros de formigón, impreso con malla electrosoldada e fibra de nailon, sobre unha capa de 10 centímetros de xabre. O acabado superficial resultante simulará o corte da baldosa de granalla.

Pola súa banda, nos pasos de peóns disporase de pavimento táctil direccional e de botóns segundo o disposto na normativa de accesibilidade vixente.

Ampliación do espazo peonil

Esta ampliación require da reposición de 9 arquetas con sumidoiros, a colocación de 3 novas, a adaptación á nova rasante de 7 pozos de rexistro e o retranqueo de 9 luminarias. Así mesmo, tamén se contempla a reposición da canalización da iluminación pública a base de tubo de polipropileno.

O mobiliario urbano consistirá nunhas xardineiras de fundición rectangulares, para a plantación de arbustos ornamentais e plantas aromáticas, e outras de fundición esféricas,  para a plantación de árbores de sombra. Tamén se disporán 4 bancos de formigón con asento e respaldo de madeira e unha varanda de aceiro inoxidable para a contención de peóns.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As actuacións completaranse coa reposición da sinalización horizontal afectada e a limpeza do pavimento que se vai manter nos treitos de beirarrúa no que se actúa.

Etiquetas

amesobraspeons
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación