ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercio

Os ‘Bonos Consuma’ xeraron un gasto no comercio e hostalaría de Ames de 260.000 euros

 

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de enero de 2024 a las 19:03

Arquivo

Compartir

 

 

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, amósase moi satisfeita pola gran acollida que tivo a campaña. “En menos dun mes consumiuse o 100% do orzamento destinado aos bonos consuma. A través de dita campaña conseguiuse impulsar o consumo local e servir de axuda tanto aos veciños como aos comerciantes durante as festas de Nadal”

En dita campaña participaron un total de 108 establecementos comerciais e de hostalaría de Bertamiráns e do Milladoiro. Cada persoa maior de 18 anos puido descargar un único bono por importe de 50 euros

Nun prazo de menos de catro semanas esgotáronse os 61.000 euros que achegou o Concello para os Bonos Consuma. Durante dito período descargáronse 3.406 bonos e realizáronse 6.159 operacións

Ames, 16 de xaneiro de 2024.- O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, puxo en marcha con motivo da época de Nadal a campaña de tarxetas desconto “Bonos Consuma”, que xerou un volume de negocio total de 258.842,94 euros. En dita campaña participaron un total de 108 establecementos comerciais e de hostalaría de Bertamiráns e do Milladoiro. Cada persoa maior de 18 anos puido descargar un único bono por importe de 50 euros. A través desta iniciativa tratouse de contribuír á reactivación económica do comercio e da hostalería local. Nun prazo de menos de catro semanas esgotáronse os 61.000 euros que achegou o Concello para os Bonos Consuma. Durante dito período descargáronse 3.406 bonos e realizáronse 6.159 operacións.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, amósase moi satisfeita pola gran acollida que tivo a campaña. “En menos dun mes consumiuse o 100% do orzamento destinado aos bonos consuma. A través de dita campaña conseguiuse impulsar o consumo local e servir de axuda tanto aos veciños como aos comerciantes durante as festas de Nadal. Xerouse un gasto no comercio e na hostalaría amesá de preto de 260.000 euros, polo que penso que contribuímos á reactivación económica do comercio e da hostalería local. Seguiremos traballando nesta liña”.

A dita campaña adheríronse 108 establecementos comerciais e hostaleiros de Ames, onde se puideron empregar os bonos consuma. Deste xeito, nun prazo de menos de catro semanas esgotáronse os 61.000 euros que achegou o Concello para os Bonos Consuma. Durante dito período descargáronse 3.406 bonos e realizáronse 6.159 operacións.

En total, xerouse un volume de negocio total de 258.842,94 euros. Houbo consumo en practicamente todos os sectores: xogueterías, librarías, ópticas, hostalería, moda e complementos, zapaterías, decoración, clínicas veterinarias, perfumerías, establecementos de estética, material deportivo, informática, xoiería, bazar, material didáctico, moda infantil, parafarmacia, pastelerías, etc.

Campaña de promoción do comercio local

A campaña Bonos Consuma buscou promocionar os sectores do comercio e a hostalería de Ames, para reactivar a economía do municipio impulsando o consumo nos establecementos locais. Todos os comercios participantes contaron cun adhesivo que os acredita como establecementos colaboradores. Cada persoa maior de 18 anos puido descargar un único bono por importe de 50 euros.

O principal obxectivo foi crear un impacto positivo no comercio local, promovendo que a veciñanza realizase as súas compras de Nadal nos distintos establecementos do concello. Cada bono tivo un valor de ata 50 euros para as compras que se fixeron nos establecementos adheridos, e púidose usar ata o seu esgotamento ou ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Nesta campaña o Concello destinou, en convenio con Abanca, un total de 80.000 euros aos Bonos Consuma. A maior parte deses fondos (61.000 euros) destináronse a axudas directas para a adquisición dos bonos, pero unha parte foi destinada a sufragar dúas das novidades máis importantes de dita convocatoria: a creación dunha páxina web ( www.bonosconsuma.gal ) e dunha aplicación móbil. O obxectivo principal destas ferramentas foi que supuxeran unha descarga de traballo para os comerciantes, pois a aplicación dos descontos fíxose a través de códigos QR.

Etiquetas

amesbonos consumacomercio
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación