O Ojo ao Vatio aborda as claves para que as empresas reduciran a súa factura enerxética
Líder Redacción
1 de junio de 2026 a las 12:08
- Fernando Blanco e Silvia Ríos analizan a situación do mercado enerxético, o autoconsumo, a planificación a futuro e o aumento das estafas telefónicas relacionadas coa enerxía
O custo enerxético converteuse nunha das principais preocupacións para moitas empresas. Así o aseguraron en Radio Líder Santiago Fernando Blanco, CEO de Ojo ao Vatio, e Silvia Ríos, integrante do equipo da consultoría enerxética con sede en O Milladoiro, quen analizaron como a enerxía pasou de ser “un gasto máis” a converterse nun factor clave para a rendibilidade e a competitividade empresarial.
Durante a entrevista explicaron que cada vez máis negocios buscan reducir custos e gañar estabilidade nun contexto marcado pola incertidume enerxética e a volatilidade dos prezos.
“Canto máis competitivos fagamos os negocios, moito mellor estarán”, destacou Fernando Blanco, quen incidiu na importancia de revisar contratos e planificar a estratexia enerxética a longo prazo.
Estratexia enerxética e aforro nas empresas
Desde Ojo ao Vatio sinalaron que un dos principais problemas segue sendo a falta de revisión dos contratos eléctricos e de conceptos como as potencias ou as penalizacións por enerxía reactiva, especialmente en industrias, talleres ou negocios con sistemas de frío industrial.
Fernando Blanco asegurou que aínda hai moitas empresas que “seguen sen revisar as facturas e sen saber se o seu prezo é o mellor do mercado”. Ademais, defendeu a necesidade de traballar con estratexias flexibles e prezos pechados a futuro para evitar sobresaltos.
“As empresas necesitan previsión para poder presupostar, investir e traballar máis tranquilas”, explicou Silvia Ríos durante a entrevista.
Ambos coincidieron tamén na importancia de adaptar cada solución ao tipo de negocio e ao consumo específico de cada empresa ou comunidade de propietarios.
O auge do autoconsumo e as baterías
Outro dos temas abordados foi o crecemento do autoconsumo enerxético en empresas. Desde Ojo ao Vatio destacaron que as instalacións fotovoltaicas con baterías están a converterse nunha das solucións máis eficaz para reducir custos e gañar independencia enerxética.
Fernando Blanco explicou que o sector está a evolucionar cara a sistemas que permitan almacenar enerxía en baterías para utilizala nos momentos do día nos que a electricidade é máis cara. “O autoconsumo é importantísimo e as baterías permiten aproveitar a enerxía nos momentos máis rendibles para a empresa”, sinalou.
Silvia Ríos subliñou ademais que moitas empresas xa comezan a ver estas instalacións “como unha inversión estratéxica” e non únicamente como un gasto inicial. Ademais, lembraron que existen axudas e subvencións para determinadas instalacións, especialmente en empresas con consumos elevados.
Alertan do aumento de estafas telefónicas
A entrevista tamén serviu para alertar do incremento de chamadas fraudulentas relacionadas con contratos eléctricos e supostos cortes de subministramento. Desde Ojo ao Vatio explicaron que estas prácticas afectan especialmente a pequenas e medianas empresas e baséanse en xerar medo e urxencia nos clientes.
“Se che chaman meténdoche présa ou dicindo que che van a cortar a luz, desconfía”, advertiu Silvia Ríos, quen recomendou non facilitar nunca datos bancarios ou persoais por teléfono sen verificar previamente a información cun asesor de confianza.
Por súa parte, Fernando Blanco insistiu na necesidade de que as empresas revisen periódicamente os seus contratos enerxéticos e se apoien en profesionais especializados para evitar pagar de máis e anticiparse a posibles cambios do mercado.
Recordaron ademais que Ojo ao Vatio ofrece este servizo de asesoramento enerxético de xeito gratuito desde a súa sede principal en O Milladoiro e tamén a través dun punto de atención en Santiago de Compostela con cita previa, co obxectivo de axudar a empresas e particulares a reducir custos e mellorar a súa planificación enerxética.



