ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaEducaciónSociedad

O VII Premio Stephen Hawking convocado polo IES Rosalía de Castro rexistra 54 proxectos

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa colaboración da Xunta a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, da Universidade de Santiago e co apoio de empresas e entidades como Finsa, Ternera Gallega e Feiraco, está a celebrar neste 2025 a sétima edición do seu Premio Stephen Hawking. Este ano presentáronse 54 proxectos asinados por estudantes procedentes de 13 institutos. Ao certame, que está aberto a centros galegos de ensino galego e centros estatais implicados no programa de Bacharelato Internacional, concorre o alumnado de institutos de nove concellos galegos (Santiago, A Coruña, Lugo, Lalín, Silleda, Ourense, Brión, Moaña e Betanzos) e dous de fóra de Galicia (Madrid e Soria).

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de abril de 2025 a las 12:47

Compartir

Dos 54 traballos presentados, 15 corresponden a área de Ciencias Experimentais, mentres que 14 proceden do ámbito de Ciencias da Saúde e outros tantos, do campo das Matemáticas e Ciencias da Computación. Por último, 11 propostas inscríbense no eido das Humanidades, Ciencias Sociais e Artes. Dos 100 estudantes que participan, 55 son rapazas e 45, rapaces.

Os centros galego que concorren son os seguintes: IES Rosalía de Castro (Santiago), IES Xelmírez II (Santiago), IES Brión (Brión, A Coruña),  IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES As Mariñas (Betanzos, A Coruña), IES Eduardo Blanco Amor (Ourense), CPR Liceo La Paz (A Coruña), IES Eusebio da Guarda (A Coruña) IES Ramón María Aller (Lalín, Pontevedra), IES Pintor Colmeiro (Silleda, Pontevedra) e IES As Barxas (Moaña, Pontevedra). Dende Madrid participa o IES Ramiro de Maetzu e de Soria, o IES Castilla.

Para esta sétima edición,  que se desenvolve baixo o lema Iniciativa e superación, as bases contemplaron que os traballos presentados xirasen ao redor de dous grandes eixos temáticos: a figura de Marisol Soengas, coordinadora do certame este ano, e as súas contribucións na loita contra o melanoma, e as ideas básicas que suxiren do lema escollido nesta edición.

Exposición pública e entrega

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O martes da próxima semana, 8 de abril, celebrarase no IES Plurilingüe Rosalía de Castro a xornada de exposición pública e entrega. A actividade principiará ás 9.00 horas coa recepción do alumnado asinante dos 54 traballos participantes que, ao longo da mañá, presentarán as súas propostas diante do tribunal, presidido pola xa citada Marisol Soengas e conformado por outras 14 docentes e investigadores das áreas de Matemáticas, Ciencias Experimentais e Humanidades. Xa pola tarde, ás 18.00 horas, procederase a facer público o fallo do tribunal e a entrega do galardón nun acto aberto que se celebrará no auditorio do IES Rosalía de Castro. Para rematar a xornada, Soengas ofrecerá unha conferencia ao público asistente.

Etiquetas

IES Rosalía de Castromarisol soengasPremio Stephen HawkingSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago