ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaNoticia LíderSociedad

O Talentiño busca novos talentos da música, a danza e as artes escénicas en toda a provincia

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de marzo de 2026 a las 10:32

Compartir
  • Falamos co músico e profesor universitario ferrolán Joaquín Enríquez, un dos fundadores do concurso O Talentiño. O certame, organizado polo Concello de Ferrol en colaboración co Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, celebra este ano a súa IV edición. Ademais, amplía a participación a toda a provincia da Coruña e ten aberto o prazo de inscrición ata o 28 de marzo

O concurso O Talentiño prepara a súa IV edición co obxectivo de seguir descubrindo novos talentos da música, da danza e das artes escénicas entre nenos, nenas e mozos de entre 8 e 18 anos.

A iniciativa naceu en abril de 2023 no Concello de Ferrol impulsada polo músico e profesor universitario ferrolán Joaquín Enríquez, a mestra e bailarina Eva Faraldo e os artistas Lucía Pérez e Xabier Vizcaíno, coa intención de poñer en valor o talento da mocidade máis nova a través dun festival en formato concurso e da creación dun catálogo web de artistas emerxentes.

Segundo explicou Enríquez en Radio Líder Santiago, o proxecto xurdiu dunha maneira moi natural. “Naceu nunha conversa con Lucía Pérez, pensando en recuperar ese espírito dos concursos nos que participabamos cando eramos máis pequenos”, lembrou.

Co paso das edicións, o certame foi medrando ata consolidarse como unha cita para o talento artístico máis novo. Na última edición celebrada no Teatro Jofre de Ferrol reuniu máis de 500 persoas de público, mentres que no conxunto das tres primeiras convocatorias xa participaron máis de 200 rapaces e rapazas.

A principal novidade desta cuarta edición é que por primeira vez o concurso abre a participación a mozos e mozas de toda a provincia da Coruña, ampliando así o seu alcance. “Calquera rapaz ou rapaza que teña un talento artístico vai ter cabida no Talentiño”, subliñou.

Os participantes poderán competir nas categorías de vocalistas, instrumentistas, danza lírica, danza urbana e variedades, unha modalidade na que teñen cabida propostas como maxia, monólogos ou outras artes escénicas.

A gran final celebrarase o 12 de abril no Teatro Jofre, un escenario que, segundo destacou Enríquez, xa supón un premio para os finalistas. “Actuar no Teatro Jofre xa é un premio para quen chegue á final”, afirmou. En canto aos premios, cada gañador ou gañadora das distintas categorías recibirá un vale de 300 euros, mentres que todos os finalistas obterán tamén un agasallo. “Non queremos que se vaian coas mans baleiras”, explicou o fundador do certame.

Nesta edición incorpórase tamén unha mención especial á promoción da lingua e da cultura galega. “Non é necesario cantar en galego, poden facelo na lingua que queiran, pero imos dar un accésit para valorar a actuación que faga un maior uso da lingua e da cultura galega”, sinalou Enríquez.

O concurso conta ademais cun xurado de prestixio formado por Lucía Pérez, Xabier Vizcaíno, Eva Faraldo e o dúo Caamaño & Ameixeiras, que valorarán as actuacións dos participantes. “Poden darlles consellos moi valiosos e axudalos moito de cara ao seu futuro artístico”, destacou.

O prazo de inscrición permanece aberto ata o 28 de marzo ás 23.59 horas. As persoas interesadas poden consultar as bases e formalizar a súa participación na web otalentino.es, onde deberán enviar un vídeo coa súa actuación. Posteriormente, o xurado seleccionará aos finalistas que participarán na gala do Teatro Jofre.

Durante a entrevista, Enríquez deixou ademais unha pequena exclusiva: dúas gañadoras da pasada edición están preparando unha actuación conxunta para sorprender aos participantes deste ano. “Chamáronnos para dicir que querían facer algo especial para os rapaces desta edición”, explicou.

O proxecto segue ademais gañando visibilidade e este ano volve presentarse aos Premios Martín Códax da Música, que celebran a súa XIII edición e culminarán coa gala do 27 de maio.

Para rematar, Joaquín Enríquez quixo animar á rapazada a participar. “Que aproveiten esta oportunidade, porque é única”, asegurou. “O máis importante é que se animen a pasalo ben. No Talentiño créase unha pequena familia e os rapaces séntense verdadeiros artistas”, concluíu.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

Caamaño & AmeixeirasEva FaraldoJoaquín Enríquezlucia perezO Talentiñoxabier vizcaino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Lucía Pérez celebra 20 anos de carreira, 15 de Eurovisión e 40 de vida: “Estou máis viva que nunca”
Actualidad

Lucía Pérez celebra 20 anos de carreira, 15 de Eurovisión e 40 de vida: “Estou máis viva que nunca”

Lucía Pérez estrea canción e sorprende cun estilo que lle encaixa á perfección: «Está no ADN galego»
Actualidad

Lucía Pérez estrea canción e sorprende cun estilo que lle encaixa á perfección: «Está no ADN galego»