ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoNoticia Líder

“O que dixemos, dito está”: o PP mantería a cesión da alcaldía para desaloxar ao goberno

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de febrero de 2026 a las 21:09

Compartir
  • O líder popular critica a xestión do goberno local, denuncia o peche de centros socioculturais e reitera a súa disposición a facilitar unha alternativa á alcaldía

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, fixo un duro diagnóstico da situación actual da cidade durante unha entrevista na que repasou a actualidade política, social e cultural da capital galega. O popular advertiu dunha “preocupante tendencia ou decadencia” en eventos como o Entroido, denunciou o peche de centros socioculturais, cualificou de “nefasta” a xestión municipal e reiterou que o seu grupo mantén a oferta de facilitar un cambio de goberno, incluso cedendo a alcaldía.

“Santiago está nunha decadencia preocupante. Estamos falando da capital de Galicia, dunha capital europea, e non conseguimos colocarnos no mapa”, afirmou, asegurando que a cidade perdeu pulo respecto a finais dos anos 90 e comezos dos 2000. “Non hai color”, sentenciou, apelando á comparación coa etapa anterior.

Festas “sen ambición” e perda de proxección

Verea fixo balance do recente Entroido compostelán, que cualificou como un exemplo máis da perda de dinamismo. “O mal tempo pode afectar, pero non é excusa. Tivemos festas con bo tempo e tampouco fomos quen de colocalas no mapa”, sinalou. Ao seu xuízo, a cidade precisa “poñerlle ganas, iniciativa, orzamento e crer na túa cidade”.

Nun ton crítico, tamén ironizou co disfrace que fixo referencia ao “goberno do Chichinabo”. “Estou encantado de decidir os disfraces do goberno. En política é importante rirse dun mesmo, pero hai que ter coidado de non pasar de rir dun mesmo a rir da xente”, advertiu. E engadiu: “Cando un goberno gastou en tres anos seis millóns de euros en asesores e multiplicou por dous os contratos a dedo de 75.000 euros, hai que ter un pouco de equilibrio”.

Centros socioculturais: “Nunca se viviu algo así”

Un dos puntos máis duros da entrevista foi a situación dos centros socioculturais. “Non é discutible. Hai un peche das actividades máis importantes que nunca pasara nesta cidade”, afirmou con rotundidade.

Verea denunciou que “decenas de centros” están afectados e criticou a paralización de aulas de xogo e actividades para maiores. “Como se pode chegar a ese nivel de nefasta xestión?”, preguntouse. Ao seu entender, esta situación súmase a outros problemas: “A cidade está máis sucia que nunca, é das que máis tarda en pagar facturas en Galicia, os autobuses están como están, o túnel do Hórreo pechado… É un goberno que está elevando a cidade a situacións tercermundistas dunha cidade europea do século XXI”.

Orzamentos e cuestión de confianza: “Que triste gobernar sen apoio”

Sobre os orzamentos municipais e a posible cuestión de confianza anunciada pola alcaldesa, Verea foi claro: “Nunca vou aprobar uns orzamentos que non teñen nada que ver co que eu faría en Santiago. Temos outro modelo de cidade”.

Considera especialmente grave a falta de acordo entre os socios de goberno. “Que triste que a cidade teña que chegar a esta situación de falta de rumbo e de liderado”, lamentou. De prosperar a cuestión de confianza, explicou, os orzamentos quedarían aprobados automaticamente se non hai unha alternativa nun mes: “Se non hai un novo alcalde, os orzamentos continúan adiante”.

Preguntado pola posibilidade de reabrir conversas, lembrou que o PP xa ofreceu facilitar un cambio. “A xenerosidade que demostramos á cidade quedou clara e sen matices. Ofrecimos incluso a alcaldía. Non imos cambiar de opinión. O que dixen, dito está”, afirmou, aínda que recoñeceu que non prevé movementos: “Se teño que facer unha quiniela, non vai pasar”.

Manifestacións ante a sede do PP e polémica polo CEIP Santiago Apóstolo

Verea tamén criticou que diferentes mobilizacións rematen ante a sede popular. “Todo respecto ao dereito de manifestación, pero isto de acabar cada fin de semana diante do PP xa parece recochineo”, afirmou con ironía, asegurando que incluso recibiron “ofertas para poñer unha cantina”.

En relación coa proposta de cambiar o nome do Colexio Apóstol Santiago polo de CEIP da Almáciga, mostrouse contrario: “Isto é patrimonio común. Un nome non é unha moda que se poida cambiar como unha marca comercial”. Foi máis alá ao afirmar que “hai intencionalidade política” e acusou á alcaldesa de promover unha “deriva perigosísima” contra os símbolos composteláns: “É unha alcaldesa antisantiago. Non lle gusta a catedral, non lle gusta o Apóstolo, non lle gusta a Ruta Xacobea”.

A esperanza posta no Xacobeo 2027

Finalmente, sobre a posible visita do Papa no marco do Xacobeo 2027, mostrou optimismo: “Interpreto que reservar Santiago para o 2027 é unha boa nova. Oxalá poida estar no ano santo, no corazón de Europa e do cristianismo, que é a nosa cidade”.

Verea pechou a entrevista reiterando a súa aposta por “un cambio de rumbo total” para recuperar a proxección, a identidade e a vitalidade dunha cidade que, ao seu xuízo, “pode estar moito mellor do que está”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

borja vereapoliticaSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago