ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Punto Lila de Santa Minia promove unhas festas libres de violencia machista

As actuacións dos grupos do Festival Brión Inclúe e de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre pecharán a Romaría de Santa Minia 2024

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de septiembre de 2024 a las 01:40

Compartir

Por cuarto ano consecutivo, a Romaría de Santa Minia contou cun “Punto Lila” a prol dunhas festas libres de violencia machista. Nestas primeiras xornadas operativo non houbo que lamentar ningún tipo de incidencia contra mulleres e persoas LGTBIQ+, polo que o posto funcionou unicamente como punto de sensibilización e concienciación da necesidade de que as festas sexan espazos libres de violencia.

Así o confirma a concelleira de Igualdade, Rosa Romero, quen apunta que “estas primeiras noites foron tranquilas e as persoas que se achegaron recibiron toda a información que precisaban, dende como atender a un vítima e que pasos dar, ata como evitar comportamentos machistas. A maiores, puideron levar un folleto informativo que editamos dende o Concello baixo a lenda As festas tamén son nosas”. O Punto Lila estivo operativo na noite do sábado durante os concertos de Astarot e Sr Salvaje.

Peche de festa

Este domingo 29 de setembro será o derradeiro día desta Romaría. O día amencerá co pasarrúas do grupo de gaitas Airiños do Paseo de Colón e da charanga Os Celtas. A mediodía, cuarta e última sesión do VIII Festival Monecadas, coa actuación de Títeres Alakrán, que porá en escena “A Cuba!”, unha divertida obra que xoga cos personaxes do teatro bufo cubano para contar a historia dun galego emigrado a Cuba a principios do século XX. A sesión vermú estará protagonizada este ano por artistas do Festival Brión Inclúe: a tiktoker Leti da Taberna, cun espectáculo de narración oral no que utiliza a ironía para facer crítica social dende unha perspectiva feminista; Iguatuke, un grupo de batukada inclusiva; e Chungo Pastel, un grupo de rock formado por persoas con diversidade funcional cun repertorio de versións de éxitos do pop-rock e algún tema propio. Pola tarde, Festival de Bandas de Música coas bandas municipais de Brión e CMUS de Carballo, previo ao concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.