O PSOE pide unha «rectificación inmediata» sobre a negativa de instalar unha ‘Fan Zone’ na Praza Roxa
Desde o PSdeG de Santiago lamentan a decisión do goberno municipal de Santiago, liderado por Goretti Sanmartín, de privar á veciñanza compostelá de poder compartir un evento deportivo tan importante como a Eurocopa 2024 de fútbol de maneira conxunta e colectiva. «Pedimos unha rectificación inmediata», manifestou Aitor Bouza, secretario xeral dos socialistas composteláns.
Líder Redacción
10 de julio de 2024 a las 22:23
O goberno local de Santiago informou que non destinará diñeiro público para a instalación de pantallas xigantes na Praza Roxa para a final da Eurocopa 2024, igual que sucedeu coa final do Mundial Feminino en 2023 e o partido do Obradoiro.
Foi o concelleiro do PP, José Ramón de la Fuente, quen solicitou ao BNG este dispositivo para que os afeccionados puideran ver xuntos o partido no que a selección española podería converterse en campioa de Europa por cuarta vez.
España conseguiu o pase á final da Eurocopa tras gañar onte 2-1 a Francia, con goles de Lamine Yamal e Dani Olmo. Yamal converteuse no xogador máis novo en marcar na Eurocopa, e Olmo situouse como pichichi do torneo. A final será o próximo domingo 14 de xullo ás 21.00 horas no Olympiastadion de Berlín. España enfrontarase ao gañador do partido entre Países Baixos e Inglaterra, que se xogará mañá. O encontro poderá seguirse en directo por TVE e RTVE Play.