ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

O PSOE pide ao goberno de Sanmartín que traballe para declarar Santiago como zona tensionada

Gumersindo Guinarte denuncia que o goberno da señora Sanmartín está a frear o avance na declaración de Santiago como zona residencial tensionada, persistindo nunha actitude pasiva e limitada á correspondencia con outras administracións, mentres a cidadanía sofre a falta dunha política real de vivenda.

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de agosto de 2025 a las 21:43

Compartir

Desde o PSdeG reclaman á Xunta que deixe de poñer obstáculos burocráticos á declaración de zona residencial tensionada en Santiago, para que esta medida se implemente canto antes e axude a garantir o dereito á vivenda digna para as persoas da cidade.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2025. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, instou hoxe ao goberno da señora Sanmartín a abandonar a confrontación coa Xunta e centrarse no traballo necesario para avanzar na declaración de Santiago como zona residencial tensionada.

“Dende o Grupo Municipal Socialista, pensamos que o goberno da señora Sanmartín debe deixarse de misivas e de correspondencia epistolar coa Xunta de Galicia”, segundo o voceiro socialista ambas administracións teñen que “sentarse a traballar e modificar todo o que sexa necesario para que se poida culminar satisfactoriamente a declaración de Santiago como zona residencial tensionada”.

Guinarte advertiu, ademais, de que “os egos das administracións públicas por ver quen ten máis razón non poden estar por enriba dos intereses da cidadanía, que necesita ver satisfeito o dereito a unha vivenda digna”.

O voceiro socialista puxo como exemplo a cidade da Coruña, que “empezou despois que Santiago este proceso e, sen embargo, xa está culminado, xa está autorizado polo goberno central”.

Dende o PSdeG, valoraron positivamente a declaración da cidade como zona residencial tensionada, algo que “os socialistas vimos reclamando dende fai ano e medio”. Agora, advertiu Guinarte, é necesario que “esta medida aprobada no ámbito municipal non atope atrancos no ámbito da xestión da Xunta de Galicia que a Xunta de Galicia” reclamando que a propia Xunta “non poña trancos”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Guinarte concluíu lembrando que a vivenda é a principal preocupación da veciñanza compostelá: “Convén recordar que a vivenda é o problema que máis preocupa aos cidadáns de Santiago de Compostela. É precisamente esta medida o que pretende é topar os prezos para que a vivenda sexa un dereito asequible para os cidadáns e as cidadás e este dereito poida ser realmente unha realidade efectiva e non unha simple quimera”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.