ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

O PSOE de Santiago reclama ao goberno local a retirada da Alameda dos residuos dos fogos do Apóstolo

Tres semanas despois dos “fogos pequenos” do Apóstolo, o miradoiro da escalinata do campus converteuse nun vertedoiro improvisado

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de agosto de 2025 a las 22:35

Compartir

Os socialistas esixen ao goberno de Goretti Sanmartín que inste á empresa adxudicataria á retirada e correcta xestión dos residuos pirotécnicos.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Santiago denuncia o estado de abandono da Alameda, onde seguen amoreados residuos procedentes dos fogos artificiais celebrados o pasado 31 de xullo con motivo das festas do Apóstolo.

A contorna do miradoiro situado na escalinata que conecta a Alameda co Campus universitario converteuse nun vertedoiro improvisado, onde permanecen depositados 12 sacos e 10 palés con bolsas de area e restos de material pirotécnico, entre os que se atopan os cartuchos dos fogos artificiais empregados no espectáculo. Unha zona sen perímetro de seguridade nin vixilancia, onde estes residuos están ao alcance da man de calquera viandante e que son causa de preocupación entre a veciñanza de Compostela.

O Grupo Municipal Socialista reclama ao Goberno de Goretti Sanmartín a actuar de forma inmediata, instando á empresa adxudicataria á retirada e correcta xestión dos residuos pirotécnicos do que é o parque máis emblemático da cidade. Unha Alameda que é centro da vida das compostelás e dos composteláns, así como unha visita obrigada dos moitos turistas que nos visitan nestas datas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Alameda de Santiago, xardín histórico da cidade, merece todo o respecto e protección patrimonial e medio ambiental e non pode ser vítima do desleixo a causa das vacacións de verán.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.