ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PSOE compostelán propón incorporar as áreas de autocaravanas á taxa turística

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de octubre de 2025 a las 15:15

Compartir
  • O grupo municipal socialista levará ao Pleno de outubro unha moción que busca ordenar o uso das áreas de autocaravanas na cidade e garantir un turismo sostible.
  • A proposta inclúe a elaboración dunha ordenanza municipal e a petición á Xunta de Galicia de modificar a Lei de Turismo para que estes espazos poidan estar suxeitos á taxa turística, igual que outros tipos de aloxamento.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes de outubro unha moción para reclamar unha regulación municipal das áreas de autocaravanas e para instar á Xunta de Galicia a modificar a Lei de Turismo de Galicia co fin de incluír estes espazos entre os establecementos aos que se lles poida aplicar a taxa turística.

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, advertiu de que “nos últimos anos estase producindo un incremento evidente do turismo de autocaravanas e tamén un incremento evidente das correspondentes áreas de acollida”. Segundo explicou, a Lei de Turismo de Galicia denomínaas así e “non as considera como establecementos turísticos, malia que na práctica moitas destas áreas funcionan como cámpings encubertos”.

O fenómeno do turismo de autocaravanas experimentou un notable crecemento en Galicia e tamén en Santiago, pero a cidade carece na actualidade dunha ordenanza municipal que regule o funcionamento destas áreas nin mecanismos de control específicos. Esta falta de regulamento, segundo indican as e os socialistas, pode conducir a que moitas áreas acaben funcionando como cámpings encubertos fóra dun marco de seguridade, legalidade e convivencia co resto do sector e da cidade.

Guinarte subliñou que, ao non seren considerados establecementos turísticos, “non é posible aplicarlle na actualidade a taxa turística”, o que deixa estes espazos fóra dun sistema que, segundo o voceiro, contribúe a avanzar cara un modelo de turismo máis sostible e equilibrado.

A moción que o grupo socialista presentará no Pleno inclúe dous obxectivos principais. En primeiro lugar, “que o Consello aprobe unha ordenanza municipal que regule estes espazos para que non sexan un problema de seguridade e de convivencia e non sexan tamén unha competencia desleal dos cámpings”. En segundo lugar, “que a Xunta de Galicia modifique a Lei de Turismo de Galicia para que eses espazos, como acontece noutras comunidades autónomas, sexan considerados asimilados a establecementos turísticos e, por tanto, desexe aplicarlle a taxa turística”.

Dende o grupo municipal sosteñen que esta proposta pretende dotar o Concello das ferramentas necesarias para ordenar un fenómeno en crecemento, garantir a igualdade de condicións entre os distintos sectores turísticos e avanzar cara a unha política turística xusta e sostible.

Guinarte concluíu explicando que “son dous obxectivos que pretenden garantir unha regulación deses espazos cara un turismo sostible, un turismo no que todos os intervintes estean en igualdade de condicións”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

autocaravanaspsoetaxa turistica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Guinarte denuncia que o BNG “perverte” a taxa turística para financiar gastos que xa existían
Actualidad

Guinarte denuncia que o BNG “perverte” a taxa turística para financiar gastos que xa existían

Bertamiráns estrea este sábado o novo espazo para autocaravanas
Comarca

Bertamiráns estrea este sábado o novo espazo para autocaravanas

Guinarte rexeita que se culpe só a Ryanair da caída do turismo en Santiago
Actualidad

Guinarte rexeita que se culpe só a Ryanair da caída do turismo en Santiago

O PSdeG denuncia dous anos de “promesas incumpridas” da Xunta con Santiago
Actualidad

O PSdeG denuncia dous anos de “promesas incumpridas” da Xunta con Santiago