ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PSdeG de Santiago denuncia un novo curso escolar marcado pola falta de profesorado e recursos

As e os socialistas advirten de que o inicio do curso escolar chega de novo con carencias graves, entre elas a falta de profesorado e de recursos, e anuncia unha rolda de encontros con ANPAS para recoller demandas e trasladalas ás institucións.

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de septiembre de 2025 a las 13:38

Compartir

Bouza, Iglesias e Abal reclaman á Xunta unha resposta estrutural e estable que garanta unha educación pública inclusiva e de calidade, especialmente para o alumnado con necesidades educativas especiais.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025. O secretario xeral das e dos socialistas de Compostela, Aitor Bouza, a deputada no Parlamento de Galicia, Patricia Iglesias e a concelleira Marta Abal, denunciaron esta mañá en rolda de prensa o inicio dun novo curso escolar marcado, unha vez máis, pola falta de profesorado e de recursos para atender as necesidades da comunidade educativa.

O secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, advertiu que “Compostela está á marxe das cuestións principais e primordiais do goberno galego” e esixiu ao presidente Rueda que “se centre e que vexa que este inicio do curso escolar non pode ir en detrimento das familias de Compostela”. O líder dos socialistas composteláns insistiu en que son os alumnos e alumnas os que “se ven realmente prexudicados por esta política en contra da educación pública” que, segundo o socialista, cada vez vai a máis por parte da Xunta de Rueda. Bouza aproveitou para anunciar que o PSdeG de Santiago iniciará unha rolda de reunións con ANPAS e comunidades educativas para recoller de primeira man todas as carencias e trasladalas ás institucións competentes.

Pola súa banda, a deputada socialista no Parlamento de Galicia, Patricia Iglesias, denunciou a deixadez da Xunta de Galicia indicando que “isto é un pouco a historia da marmota” e criticou a propaganda baleira da Consellería de Educación xa que “cando se inicia o curso escolar” pódense ver os “recortes educativos” da Xunta de Rueda, lembrando especialmente a situación do alumnado con necesidades educativas especiais, neste senso criticou “a falta de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, o que impide garantir unha educación pública inclusiva e de calidade”. Iglesias lembrou que “a educación pública é un dereito” e denunciou que “ano a ano vemos como se recorta” comprometéndose a levar estas demandas ao Parlamento galego, tanto para Compostela como para a comarca.

A concelleira socialista en Santiago, Marta Abal, puxo o foco no déficit estrutural de profesionais especializados indicando que “non pode pasar, como está pasando todos os anos, que o feito de que a Xunta atenda as necesidades dependa de se a comunidade educativa se revoluciona ou non se revoluciona”. Reclamou ademais que os reforzos sexan “persoal estrutural, porque hai que dotar de persoal, pero ademais debe ser persoal que permaneza no centro dun ano para outro”. Tamén defendeu avanzar nun modelo de educación combinada para os casos máis graves, lembrando que “é necesario que se incrementen as horas ou que se creen novos centros de educación especial”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Neste sentido, anunciou que o grupo socialista levará ao Pleno do Concello de Santiago unha moción para esixir á Xunta máis recursos e unha resposta estable: “Investir en mellorar a atención destas nenas e nenos é, de dende logo, o mellor para a sociedade e un mellor servizo público que se pode dar para ter unha sociedade de calidade”.

Etiquetas

inicio do cursopoliticapsoeSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago