O programa ‘Goza do Ulla’, ofrece 18 rutas pola beira do Ulla desde xuño ata outubro
Onte presentouse en Turexpo Galicia 2024, na Semana Verde, a iniciativa turística de referencia que promociona de xeito conxunto o sendeirismo pola natureza.
Líder Redacción
31 de mayo de 2024 a las 19:15
O programa de rutas de sendeirismo ‘Goza do Ulla 2024’ regresa con forza. Os vinte concellos bañados polas augas do río Ulla, impulsores deste proxecto pioneiro de turismo de natureza, presentaron onte en Silleda na feira Turexpo Galicia 2024, no marco da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, o programa ‘Goza do Ulla 2024’. O ‘Goza do Ulla 2024’ ofrece un total de 18 rutas de sendeirismo para desfrutar do río Ulla desde o presente mes de xuño e ata finais de outubro. Cada ruta está programada nun Concello bañado polo río que discorre polas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Nesta edición os concello de Dodro e Rianxo, e Vedra e Teo, comparten as súas rutas.
Programa Goza do Ulla
O programa Goza do Ulla naceu no ano 2011 coa participación de cinco concellos (Touro, Boqueixón, Vedra, Santiso e Arzúa). Trece anos despois toman parte 20 municipios de tres provincias: Lugo Pontevedra e A Coruña. Son os concellos da Estrada, Agolada, Antas de Ulla,
Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón, Palas de Rei, Pontecesures, Rianxo,
Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra, Vila de Cruces e Vilagarcía.
