ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducación

O profesorado galego non se beneficiará da suba salarial do 2 % aos empregados públicos

CSIF lamenta o agravio comparativo que se vai a producir entre diferentes empregados públicos dentro da administración e lembra que é unha subida xusta pero insuficiente

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de julio de 2024 a las 16:28

Compartir

Santiago, 18 de xullo de 2024.- CSIF Ensino denuncia que o persoal docente galego non se beneficiará da totalidade da subida salarial do 2% aprobada polo goberno central e que, segundo a orde para a confección de nóminas da Xunta publicada este luns no DOG, farase efectiva coa nómina de xullo.

Desde CSIF Ensino, lamentamos o inxusto agravio comparativo que se vai a dar entre os diferentes empregados públicos dentro da administración, xa que o profesorado non se vai beneficiar por igual dun incremento necesario pero, en todo caso, insuficiente para facer fronte ao custo da vida e ao incremento do IPC.

Neste sentido, lembramos que CSIF foi o único sindicato que se opuxo en Madrid ao acordo de retribucións asinado por UXT e CCOO co goberno central, que supuxo unha perda acumulada de poder adquisitivo do 6,8 por cento desde a firma do devandito acordo en 2022.

“Reiteramos a necesidade de que se asine un novo acordo salarial vinculado ao IPC, con cláusula de revisión salarial, que permita ao conxunto de empregados públicos recuperar a perda de poder adquisitivo acumulado na última década, así como recuperar a estrutura salarial previa aos recortes fixados no Real Decreto-lei 8/2010 e a equiparación salarial entre as distintas administracións públicas”.

No caso do profesorado galego, CSIF culpa ao “acordo de renuncias” asinado por CCOO, ANPE e UXT coa Consellería, ao que CSIF se opuxo -xunto a CIG e STEG-, da situación que se vai a producir, pois o devandito acordo recollía unha serie de subidas en distintos complementos, desde o 1 de xaneiro de 2024, sobre os que non se poderá aplicar ningunha outra mellora.

Tal e como recolle a orde, “na actualización dos diferentes conceptos das nóminas do persoal docente, os complementos persoais e transitorios (sexenios, función titorial, desempeño de órganos unipersoais de goberno, responsable de centros de menos de tres unidades en educación infantil e primaria, persoal asesor, dirección do CAFI, CFR, etc) serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza en 2024”, é dicir, todos aqueles complementos pactados no acordo de outubro de 2023.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para CSIF, esta situación avala unha vez máis os motivos polos que a Central Sindical opúxose ao acordo, “porque era de xeito evidente lesivo e insuficiente para dar resposta ás verdadeiras necesidades do sector”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.