ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

O PPdeG solicita ao Goberno central que modifique o Real Decreto que obriga ao rexistro dos galiñeiros

 

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de marzo de 2024 a las 12:08

Compartir

 

 

  • Esta nova medida “incrementa a excesiva carga burocrática que xa soporta o sector e que está a provocar o abandono tanto de explotacións como do propio rural”, sinalan os populares
  • “Compartimos o malestar dos propietarios dos galiñeiros fronte a esta decisión do Goberno de Pedro Sánchez, sen contar para nada, unha vez máis, coa opinión das comunidades autónomas e lexislando de costas ao territorio, sen atender as peculiaridades de cada zona”, apunta o coordinador de Medio Rural no PPdeG, Avelino Souto

17 de marzo de 2024. O Partido Popular de Galicia levará ao Parlamento galego, deputacións provinciais e concellos unha iniciativa a través da que se solicita ao Goberno de España que modifique o Real Decreto que obriga ao rexistro das explotacións avícolas para autoconsumo.

“Estamos a falar dunha nova medida que incrementa a excesiva carga burocrática que xa soporta o sector agrogandeiro, tanto o profesional como o destinado ao autoconsumo, que está a provocar tanto un abandono e desaparición de explotacións, como o fomento do abandono do propio rural”, sinalan os populares.

O Goberno de Pedro Sánchez publicou no mes de xullo de 2021 o Real Decreto 637/2021 polo que se regulan as normas básicas de ordenación das granxas avícolas, no que se recolle que aquelas explotacións familiares que crían aves para consumo propio, polo que non comercializan nin aves nin os seus produtos, deben estar inscritas no rexistro xeral de explotacións gandeiras.

MÁIS DE 50.000 EXPLOTACIOŃS AFECTADAS EN GALICIA

“Trátase de máis de 50.000 explotacións de autoconsumo galegas que se verán obrigadas a inscribirse neste rexistro, o que supón máis carga burocrática e trabas para aqueles propietarios que non sacan ningún beneficio económico destas explotacións ao non comercializar a súa produción”, explica o coordinador do Medio Rural do PPdeG, Avelino Souto.

Souto engade que o PPdeG “comparte o malestar destes propietarios de galiñeiros de autoconsumo fronte á decisión adoptada polo Goberno central, sen contar para nada, unha vez máis, coa opinión das comunidades autónomas e lexislando de costas ao territorio, sen atender as peculiaridades de cada zona”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Neste sentido, lembra que a Xunta xa presentou alegacións en cada un dos trámites de desenvolvemento normativo seguidos por este Real Decreto, “que, lamentablemente, non foron atendidas”. “Unha vez máis, o Goberno de Sánchez impuxo á sociedade unha normativa que non atende ás especificidades do noso territorio e negouse a que estas explotacións de autoconsumo quedaran fóra do ámbito de aplicación deste Decreto Lei”, manifesta.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.