ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

O PP tacha de “chapuceiro” ao goberno de Santiago por non xustificar a declaración de zona tensionada

• María Baleato incidiu en que “o que non pode facer o goberno nacionalista é mentirlle á veciñanza, responsabilizando a outros da súa propia incompetencia, xa non é posible botar máis balóns fora nin tratar de buscar culpables noutras administracións, esas desculpas xa non valen, están esgotadas”.

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de agosto de 2025 a las 21:11

Compartir

• Insistiu en que “o goberno nacionalista o que ten que facer é deixarse de titulares baleiros, abandonar a confrontación coa Xunta e presentar novamente a solicitude, coa documentación completa si quere acadar a declaración de zona de mercado residencial tensionado”.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, tachou hoxe, en rolda de prensa ao goberno nacionalista de “soberbio, nefasto e chapuceiro” despois de que fose incapaz de achegar a documentación requirida pola Xunta de Galicia, co fin de declarar Santiago zona de mercado residencial tensionado.

María Baleato incidiu en que “o que non pode facer o goberno nacionalista é mentirlle á veciñanza, responsabilizando a outros da súa propia incompetencia, xa non é posible botar máis balóns fora nin tratar de buscar culpables noutras administracións, esas desculpas xa non valen, están esgotadas”.

A popular puxo como exemplo ao goberno bipartito PSOE-BNG da Coruña, que foi quen de tramitar, correctamente, o expediente, aínda que empezou máis tarde que o goberno local, e xa conseguiu dita declaración, “o que indica -remarcou- que si tramitas correctamente obtés o que pretendes, pero si non o fas correctamente, como fixo este goberno nacionalista, non a obtés, non hai máis”.

“A administración autonómica entendeu -dixo- que o goberno local non respondeu ao requirimento de documentación que lle foi remitido e non cumpriu cos requisitos fixados pola Lei,”.

Para a popular, “estamos diante dun goberno incompetente, que non sabe responder a un requirimento de subsanación de documentación, algo que non é tan difícil, só hai que coñecer a normativa, ler o requirimento, completar a documentación e remitila no prazo establecido”.

“Este procedemento -explicou Baleato- está perfectamente regulado e non hai máis que cumprilo, a documentación está taxada e perfectamente detallada, non hai discusión, buscar outra motivación é querer enredar, xa que o único que fixo a Xunta foi cumprir coa normativa, coa Lei de Vivenda de Galicia, coa Lei polo dereito á vivenda estatal e coa Lei de procedemento administrativo común”.

A edil popular insistiu en que “o goberno nacionalista o que ten que facer é deixarse de titulares baleiros, abandonar a confrontación coa Xunta e presentar novamente a solicitude, coa documentación completa si quere acadar a declaración de zona de mercado residencial tensionado”.

“Este goberno suspende en todas as súas políticas de vivenda, na empresa pública de vivenda, suspenso; no rexistro de soares, con catro parcelas e tres paralizadas, suspenso; no aluguer de vivenda pública suspenso; e, agora, na declaración da zona de mercado residencial tensionado tamén suspenso”, remarcou.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Baleato subliñou que “a Xunta aplicou a normativa, ofreceu a posibilidade dunha reunión entre os técnicos do IGVS e os técnicos do concello pero esta oferta foi rexeitada pola alcaldesa, polo que a Xunta actuou en base aos principios de legalidade, seguridade xurídica, lealdade institucional, cooperación, colaboración e coordinación”..

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.