ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP propón esta medida para reverter o preocupante peche de comercios en Santiago

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de abril de 2026 a las 22:36

Compartir
  • Como subliñou Olaya Otero, “levamos tempo alertando da situación do comercio en Santiago e, desafortunadamente, as últimas novas ao respecto deste e outros sectores económicos, veñen a darnos a razón”.
  • A popular insistiu en que, “ante a gravidade da situación actual, advertimos ao goberno de BNG e CA que medidas dispersas e puntuais xa non son suficientes e se fai necesario e urxente desenvolver un plan estratéxico con iniciativas concretas para cada un dos sectores económicos da cidade”.

A concelleira o Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, vén de propoñer a posta en marcha de talleres artesanais, co fin de impulsar a remuda xeracional e contribuír a frear o constante peche de comercios na capital de Galicia, posto que, como subliñou, “levamos tempo alertando da situación do comercio na cidade e, desafortunadamente, as últimas novas ao respecto deste e outros sectores económicos, veñen a darnos a razón”.

A edil popular lembrou que “rematamos o 2025 sabendo que, no último ano, pecharon no noso concello 100 establecementos comerciais e, comezamos 2026, coñecendo que, nos primeiros meses, esta preocupante tendencia non fai máis que confirmarse, posto que, segundo datos aportados pola Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), nos dous primeiros meses deste 2026, son xa 41 os establecementos que pecharon as súas portas”.

“En non poucos casos, -engadiu- estes ceses de actividade responden a situacións de falla de remuda xeracional, ante as xubilacións dos seus propietarios, xa que, en torno o 30% dos comerciantes composteláns, teñen mais de 62 anos de idade e, a isto, hai que engadir, que Santiago continúa sen ser capaz de atraer industria: nos últimos oito anos o noso concello perdeu máis de 700 empresas”.

Ante este estes datos, explicou Otero, “non deixa de sorprender que esta realidade, non haxa provocado reacción algunha por parte do goberno de BNG e CA e mesmo parece que a situación non vai con eles”.

“Dende o Partido Popular de Santiago, -remarcou Olaya Otero- preguntámoslle aos nacionalistas: que pensan facer para frear o peche de establecementos comerciais, recuperar proxectos económicos e mellorar a remuda xeracional?; que teñen feito ata o de agora?; son conscientes da gravidade dos últimos datos? e cal é o seu proxecto económico para Santiago?”

Otero indicou que, “á vista está que a estratexia dos nacionalistas de prohibir e obstaculizar non está a funcionar, en que mellorou, por exemplo, o comercio na Zona Vella dende que entrou en vigor a prohibición de apertura de negocios vinculados ao turismo?; cantos comercios de proximidade se teñen recuperado grazas ás súas medidas? A resposta é que ningún, moi polo contrario, o único que lograron é contribuír a que o Casco Antigo siga esmorecendo, no que é un exemplo máis do bloqueo ao que BNG e CA someten a Santiago”.

A popular quixo manifestar a preocupación do PP de Santiago por estes datos, polo que destacou que “é necesario desenvolver iniciativas positivas, para traballar en favor do sector comercial e atallar realidades actuais do mercado de traballo, como o déficit de man de obra ou a falla de remuda xeracional”.

“Ante isto -engadiu-, propoñemos que, dende o Concello se leven a cabo talleres de oficios tradicionais para a mocidade, posto que a artesanía tampouco é allea a esa crise de man de obra, moi polo contrario, este sector ten unha especial incidencia nos oficios e supón un importante activo económico, que pode ofrecer á mocidade compostelá unha saída profesional viable e de futuro”.

Otero subliñou que “así tamén se dá resposta a unha demanda común da mocidade e do sector artesanal, que solicitan que, desde as distintas administracións, se artellen iniciativas para por en valor o seu traballo e para achegar á xente moza ao sector”.

En calquera caso, a edil popular insistiu en que “ante a gravidade da situación actual, advertimos ao goberno de BNG e CA que medidas dispersas e puntuais xa non son suficientes e se fai necesario e urxente desenvolver un plan estratéxico con iniciativas concretas para cada un dos sectores económicos da cidade”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, engadiu que “Santiago non pode continuar perdendo industria, perdendo comercio e vendo como a súa economía merma, mentres que o goberno nacionalista continúa instalado no desleixo e a inoperacia, o goberno de BNG e CA non pode continuar bloqueando a capital de Galicia”.

Etiquetas

comerciopartido popular(PP)peche de comerciosSantiago de Compostelatalleres
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago