ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercioPolítica

O PP propón a creación dunha App para que o comercio compostelán poida vender online

 

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de marzo de 2024 a las 21:41

Compartir

 

 

  • “Esta aplicación debe contar co apoio da Administración local, que ten que liderar a transformación do desafío dixital, creando unha oportunidade que facilite a convivencia entre as compras físicas e as compras en liña”, explicou Olaya Otero.
  • Na actualidade, subliña Otero, “na Praza de Abastos existe o que sería un pequeno exemplo desta idea xa que, dende hai tempo, os establecementos do mercado contan co Commarket, unha plataforma común a todos os praceiros, que lles ofrece a posibilidade realizar online a venda dos seus produtos”.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, manifestou que, neste momento, o apoio ao comercio local, debe ter presente os novos desafíos aos que ten que facer fronte o sector, posto que, a realidade comercial de hoxe en día, é moi diferente da que existía hai 10 ou 20 anos. A popular explica que “hai que establecer novas ferramentas que axuden neste avance, por iso, propoñemos a creación dunha plataforma que conecte aos consumidores de Santiago cos negocios asentados no Concello”.

“Esta aplicación debe contar co apoio da Administración local que ten que liderar a transformación do desafío dixital, creando unha oportunidade que facilite a convivencia entre as compras físicas e as compras en liña, xa que ignorar a realidade tecnolóxica e os cambios nos hábitos de consumo, non é a mellor opción para a viabilidade dos negocios da cidade”, explicou.

Na actualidade, subliña Otero, “na Praza de Abastos existe o que sería un pequeno exemplo desta idea xa que, dende hai tempo, os establecementos do mercado contan co Commarket, unha plataforma común a todos os praceiros, que lles ofrece a posibilidade realizar online a venda dos seus produtos”.

O cambio nos hábitos de consumo fíxose, a raíz da pandemia, moito mais evidente e as compras a través de internet son unha realidade consolidada da que, cada vez, fan uso mais persoas.

Así, remarca a popular, “si algo quedou demostrado tamén durante a crise da Covid-19, foi a capacidade da resiliencia dos comerciantes composteláns, que superaron o desafío que representa para o comercio tradicional e de proximidade o novo entorno dixital, agora é momento de volver a facer uso de dita capacidade e converter o que, en ocasións se ve como unha ameaza, nunha oportunidade para xerar negocio”.

Axudar, dende o Concello, a crear esta plataforma, permitiría poñer a disposición do tecido comercial, unha ferramenta estratéxica para a súa promoción e para o fortalecemento da relación comercio e consumidores locais, especialmente coa mocidade. Servindo tamén de escaparate para promocionar os seus produtos e eventos ou feiras do sector.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

appcomerciocompostelaonlineppradio lider santiagosantiagovendas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A nova app Deportes Concello de Ames xa está dispoñible en Android e IOS
Deportes

A nova app Deportes Concello de Ames xa está dispoñible en Android e IOS

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal
Comarca

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal