ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoPolítica

O PP pide policía na saída do Hospital de Conxo para evitar o caos de tráfico

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de noviembre de 2023 a las 15:44

Compartir
  • Baleato insistiu tamén na falla de condicións axeitadas de seguridade e accesibilidade no acceso peonil ao hospital, xa que as persoas que van a pé ás consultas, teñen que baixar á estrada por atoparse vehículos aparcados enriba das beirarrúas
  • Así, insistiu en que “nos días laborais prodúcense entre as 15h e 15.30h constantes atascos desde a saída do Hospital Provincial ata a rotonda de Conxo, todo ao longo da rúa Ramón Baltar, unha situación á que hai que poñer solución”

A vicevoceira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, reclamou ao goberno do BNG presenza policial no principal horario de saída do persoal do Hospital Provincial de Conxo para regular o tráfico e controlar e axilizar a circulación. “Trátase de evitar o caos circulatorio, os atascos que se forman na incorporación dos vehículos á rotonda e á Avenida Antón Fraguas supoñen un perigo e un colapso total dese vial”, denunciou Baleato.

Así, insistiu en que “nos días laborais prodúcense entre as 15h e 15.30h constantes atascos desde a saída do Hospital Provincial ata a rotonda de Conxo, todo ao longo da rúa Ramón Baltar, unha situación á que hai que poñer solución”, reclamou a vicevoceira. Polo que, engadiu, mentres non se habilite outro vial alternativo de saída do tráfico rodado desde o Hospital, que probablemente sería a solución idónea, é necesario enviar efectivos da Policía Local para regular puntualmente os problemas de tráfico que se xeran nos horarios de saída do persoal do Hospital Provincial de Conxo, xa que, en ocasiónes, segundo nos relatan os traballadores, poden tardar case media hora en incorporarse á circulación”.

Baleato insistiu tamén na falla de condicións axeitadas de seguridade e accesibilidade no acceso peonil ao hospital, xa que as persoas que van a pé ás consultas, teñen que baixar á estrada por atoparse vehículos aparcados enriba das beirarrúas. Por elo, “solicitamos que melloras do acceso peonil da rúa Ramón Baltar, especialmente no tramo que vai desde a ponte do río ata o propio hospital, para que se cumpran as condicións de accesibilidade universal”, sinalou a vicevoceira.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.