ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP pide maior iluminación en Cornes para minimizar os problemas de seguridade

 

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de enero de 2024 a las 19:14

Compartir

 

 

  • Pasado máis de medio ano desde as últimas eleccións municipais, o Goberno do BNG segue sen atender as demandas da veciñanza deste emblemático barrio da capital de Galicia, que leva tempo reclamando distintas melloras
  • “E xa non falemos da recollida de lixo, que pasa moi de vez en cando, deixando os colectores cheos durante días”. Unha situación que Barcia calificou de “inconcibible” cun contrato renovado hai menos de dous anos.

Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente e Nerea Barcia, mantiveron unha reunión cos membros da Asociación de Veciños de Cornes, no barrio de Conxo. Durante a visita, os populares puideron ver, de primeira man, o desleixo ao que o actual Goberno nacionalista e os anteriores gobernos de esquerdas teñen sometido a esta zona de Santiago.

Pasado máis de medio ano desde as últimas eleccións municipais, o Goberno do BNG segue sen atender as demandas da veciñanza deste emblemático barrio da capital de Galicia, que leva tempo reclamando distintas melloras. Así “o servizo de limpeza é escaso nesta zona, sen medios para manter a contorna en condicións dignas”, salientou Barcia, “e xa non falemos da recollida de lixo, que pasa moi de vez en cando, deixando os colectores cheos durante días”. Unha situación que calificou de “inconcibible” cun contrato renovado hai menos de dous anos.

Ademais, durante a visita puideron acreditar tamén o grave problema de iluminación que sofren os veciños cada noite, posto que existen viais que apenas teñen luz, o que provoca un problema de visibilidade que supón un perigo para os peóns que transitan por estas rúas. Esa falta de visibilidade, unido á escasa presenza policial, está a incrementar a sensación de inseguridade na zona posto que existen puntos de venda de sustancias ilegais na contorna.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Así mesmo, os populares tamén lle reclaman ao Goberno nacionalista que se dote á zona dalgunha área de aparcamento, xa que son moitos os veciños que teñen graves dificultades para atopar onde aparcar e iso crea un caos na ordenación do tráfico que prexudica o bo tránsito do resto da veciñanza.

Etiquetas

cornesiluminacionpp
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»
Comarca

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»

BNG-CA e PP chocan polos Orzamentos; o PSOE agarda pola “letra pequena”
Actualidad

BNG-CA e PP chocan polos Orzamentos; o PSOE agarda pola “letra pequena”

Verea sobre a financiación do Banco de Alimentos: “Na Coruña achegan 50.000 € e en Santiago non chega nin aos 5.000”
Actualidad

Verea sobre a financiación do Banco de Alimentos: “Na Coruña achegan 50.000 € e en Santiago non chega nin aos 5.000”

Verea, tras a crise de seguridade en Santiago: «BNG e CA non saben dirixir nin unha comunidade de veciños»
Actualidad

Verea, tras a crise de seguridade en Santiago: «BNG e CA non saben dirixir nin unha comunidade de veciños»