ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportes

O PP pide ao tripartito que se aclare en canto ao acondicionamento do Vero Boquete

 

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de enero de 2024 a las 14:56

Compartir

 

 

  • “Tiveron présa para a foto pero está visto que o demais moi pechado non quedou”, salientou Villa.
  • O edil popular pediulle ao PSOE que “se preocupe máis de como defenden os intereses dos composteláns os seus socios de goberno do BNG e CA, aos que lle deu un cheque en branco asinando ese acordo de orzamentos”.

O concelleiro do Partido Popular, Adrián Villa, amosou a súa sorpresa ante o primeiro desencontro entre o tripartito dos orzamentos e salientou que antes de aprobalos en pleno igual deberían volver falar e aclararse porque “tiveron présa para a foto pero está visto que o demais moi pechado non quedou”.

Así, destacou que aínda non se aprobaron e parece que xa se está a incumprir o pactado polo que “lle pediría ao PSOE que se preocupen máis de como defenden os intereses dos composteláns os seus socios de goberno do BNG e CA, aos que lle deu un cheque en branco asinando ese acordo de orzamentos”. Porque, polas declaracións do BNG, esa mellora das instalacións deportivas que o PSOE asegura que pactou co bipartito, non se vai levar a cabo porque, segundo o goberno, “non hai medios suficientes”.

Para Villa é un exemplo máis da incapacidade de xestión, con excusas de mal pagador, posto que precisamente para iso están os orzamentos, para dotar de medios suficientes acada área para levar a cabo as melloras necesarias, e preguntouse por tanto se “hai medios para gastar 2 millóns de euros ao ano en asesores e altos cargos, pero non para as instalacións deportivas da cidade?

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para o edil popular, “o PSOE debería explicar que máis compromisos adquiriu o goberno do BNG e CA con eles para que apoien os orzamentos, porque o primeiro xa deixaron claro que non o van cumplir”, polo que lles pediu que “deixen de facer o ridículo esixindo publicamente cousas que deberían ter pechado no seu gran acordo ou no que firmaron no vai o arranxo do Vero Boquete?”

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.