ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP de Santiago insiste na creación dun Censo de Locais Baleiros para dinamizar o comercio local

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de julio de 2025 a las 15:05

Compartir
  • Olaya Otero cuestiona ao executivo do BNG: “¿Ten algunha proposta o BNG para aproveitar e revitalizar estes espazos comerciais? ¿Pensan desenvolver algunha medida para contribuír a mellorar o grave problema de remuda que afecta tamén ao sector comercial? A resposta é clara: non.”
  • A edil popular reclamou que “saian da roda de inacción e do bucle de escusas no que se atopan, e que, polo menos, aproveiten as propostas que lles facemos desde o Partido Popular para mellorar a realidade da nosa cidade”.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, reclamou de novo hoxe ao goberno local a posta en marcha dun Censo de Locais Comerciais Baleiros, co obxectivo de contribuír á recuperación e dinamización do comercio de proximidade na capital galega.

Segundo explicou a edil popular, “o obxectivo fundamental desta iniciativa é facilitar que todas aquelas persoas emprendedoras que busquen establecerse en Santiago poidan atopar, do xeito máis sinxelo posible, un local que se adecúe ás necesidades do seu negocio”.

Para Otero, a situación do pequeno comercio é crítica: “os cambios nos hábitos de consumo teñen producido impactos negativos sobre o comercio tradicional, provocando, nos casos máis graves, o peche de negocios”. Unha realidade que, segundo engadiu, “agrávase coa falta dunha estratexia clara por parte do goberno nacionalista para impulsar e revitalizar este sector clave da nosa economía local”.

A concelleira alertou sobre a “desertificación comercial” que sofre Compostela, onde conviven espazos sen actividade puntual con outros que levan anos baleiros, como é o caso das galerías comerciais. “A inacción do goberno local está a agravar as dificultades ás que se enfrontan as persoas comerciantes da cidade”, sinalou.

Neste contexto, Otero cuestiona ao executivo do BNG: “¿Ten algunha proposta o BNG para aproveitar e revitalizar estes espazos comerciais? ¿Pensan desenvolver algunha medida para contribuír a mellorar o grave problema de remuda que afecta tamén ao sector comercial? Polo que levamos vendo nestes dous últimos anos, a resposta é clara: non teñen ideas para mellorar a situación”.

A popular tamén advertiu que “o conxunto de locais comerciais baleiros non fai máis que contribuír á sensación crecente de abandono, sucidade e inseguridade que se respira cada vez máis en Compostela”.

Por iso, esixe ao goberno local que comece a traballar canto antes na creación deste censo, que debería incluír información detallada e actualizada sobre o número de locais dispoñibles na cidade, as súas características e os usos para os que están acondicionados.

Otero lamentou que o BNG siga sen facer caso aos acordos aprobados no Pleno Municipal, “moito nos tememos que, unha vez máis, ignoren por completo o que se acorda no Pleno municipal e non teñan nin comezado a traballar neste asunto”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, Olaya Otero concluíu que “a apatía dos nacionalistas pon de manifesto que, no que atinxe á promoción económica e ao apoio ao sector comercial, teñen a mesma estratexia que para a diversificación económica ou o impulso industrial de Santiago: ningunha”. E engadiu: “Insistimos unha vez máis en que saian da roda de inacción e do bucle de escusas no que se atopan, e que, polo menos, aproveiten as propostas que lles facemos desde o Partido Popular para mellorar a realidade da nosa cidade”.

Etiquetas

olaya oteropoliticappSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago