ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP de Santiago esixe planificación nos criterios de estacionar nas zonas ORA da cidade

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de marzo de 2025 a las 13:32

Compartir
  • Adrián Villa afirmou que “os composteláns xa non saben cando, canto tempo, nin onde poden aparcar o seu coche”.
  • O edil popular afeoulle ao goberno municipal que, lonxe de arranxar os graves problemas de estacionamento na cidade, o único que fai é suprimir cada día máis prazas en superficie.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, esixiu planificación nos criterios de estacionar nas zonas ORA da cidade, tras a “constante improvisación na que está instalado o goberno local”, en referencia aos continuos “bandazos” nos criterios para estacionar na zona ORA e na zona de residentes da cidade, como ocorre en Santa Marta e, a máis recente, a área de residentes da rúa Xoán XXIII.

“Os composteláns xa non saben cando, canto tempo, nin onde poden aparcar o seu vehículo -afirmaba Villa-, posto que, á vista está, que o goberno municipal non estuda, previamente, o comportamento dos usuarios e usuarias, actúa de forma impulsiva e improvisada, o que xera desconcerto na veciñanza e noutros usuarios”.

En referencia ao barrio de Santa Marta, o edil popular lembrou que alí “se instalou a zona ORA co único fin de recadar cartos e, un ano despois, queda demostrado que a medida foi totalmente ineficaz e o único que provocou foi saturar, inda máis, o aparcamento interior do CHUS”.

Logo das queixas da veciñanza e a insistencia do PP de Santiago, o goberno local decidiu eliminar a zona ORA os sábados pola mañá, “unha medida que non é suficiente, -dixo Adrián Villa-, posto que, de luns a venres, en xornada de tarde as rúas do barrio, avenida de Barcelona e Bilbao, entre outras, están totalmente baleiras de coches, mentres que o aparcamento municipal do CIMUS e o interior do CHUS están saturados, xa que neles non se esixe pago, nin rotación”.

“No caso de Xoán XXIII, recentemente humanizada e non exenta de polémicas polo trazado do carril bici, o goberno municipal decidiu reservar a totalidade das prazas de aparcamento para residentes, pero, días despois, a veciñanza e o propio Partido Popular denunciaron que case a totalidade dos aparcamentos estaban baleiros e, o pasado xoves, o goberno local viuse na obriga de rectificar, novamente, e levar a cabo un uso compartido entre a zona ORA e de residentes durante o día”, destacou.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O concelleiro popular reclamou “seriedade” á hora de tomar estas decisións, indicando que “a improvisación está suscitando múltiples queixas da veciñanza.

Etiquetas

compostelappzona ORA
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.