ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP de Santiago denuncia atrasos de ata cinco meses na cita previa da UAMI

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de abril de 2025 a las 15:20

Yolanda Otero | Cedida

Compartir
  • “Esta situación -explicou Yolanda Otero- impide que as persoas afectadas poidan ter os seus papeis en regra antes do vindeiro 20 de maio, data na que cambia o regulamento de estranxeiría en España”.
  • A concelleira popular tamén reclamou a necesidade de que Santiago conte cun Plan municipal de Inmigración, tal e como reflectimos na proposta levada ao Pleno municipal en xuño do ano pasado”.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, denuncia a demora para obter  cita previa na Unidade de Atención ás Migracións e persoas emigrantes retornadas (UAMI), que, neste momento, pode tardar ata cinco meses, segundo as queixas rexistradas no propio Concello. “Esta situación -explicou Yolanda Otero- impide que as persoas afectadas poidan ter os seus papeis en regra antes do vindeiro 20 de maio, data na que cambia o regulamento de estranxeiría en España”.

“A modo de exemplo, -remarcou a edil popular- unha das queixas reflicte que unha persoa que solicitou cita o 28 de marzo, déronlla para o 22 de agosto, polo que é evidente que estamos ante unha mostra máis da nefasta xestión do goberno local, que pode traer, aos cidadáns afectadas, problemas de distinta gravidade”.

Para Otero, “este goberno municipal carece de capacidade de organización e anticipación ante situacións previsibles, como é o importante incremento de peticións de atención na UAMI, motivado polo cambio lexislativo coa aprobación da nova normativa, que entrará en vigor o vindeiro 20 de maio”.

“De todos é sabido que, ante este incremento previsible das solicitudes de atención, esta oficina municipal segue a ser atendida só por unha persoa técnica, o que implica unha xestión deficitaria, que se traduce en prexuízos graves para a cidadanía”, insistiu.

A UAMI é a oficina municipal encargada da acollida inicial ás persoas inmigrantes e emigrantes retornadas, prestando información e asesoramento sobre os diferentes recursos, programas e trámites administrativos que este colectivo necesita, entre eles a emisión de informe para a regularización da situación por arraigo social das persoas inmigrantes empadroadas en Santiago.

Por outra banda, a concelleira popular reclamou a necesidade de que Santiago conte cun Plan municipal de Inmigración, tal e como reflectimos na proposta levada ao Pleno municipal en xuño do ano pasado”.

Para Yolanda Otero, esta ferramenta “significaría un marco estratéxico de referencia que, con obxectivos e medidas específicas, articule as actuacións municipais que estean encamiñadas a garantir a acollida, asesoramento e acompañamento de inmigrantes e emigrantes retornados; a integración de toda a veciñanza, independentemente, da súa orixe, realidade e situación administrativa; a convivencia solidaria, igualitaria e creadora de cidadanía, sempre dende a perspectiva da diversidade e da pluralidade da sociedade compostelá”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A chegada, tránsito e asentamento de poboación estranxeira en Compostela representa un fenómeno multidimensional e significativo, unha realidade heteroxénea e dinámica, con incidencia nas estruturas sociais, económicas e culturais que require unha acción local que dea resposta ás necesidades das persoas inmigrantes e as súas familias.

Etiquetas

denunciappUAMI
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago
Destacado

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes
Actualidad

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»
Destacado

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»

Polémica en el Obradoiro por la intervención en las gárgolas del Hostal dos Reis Católicos
Actualidad

Polémica en el Obradoiro por la intervención en las gárgolas del Hostal dos Reis Católicos