ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP de Santiago demándalle ao BNG que repare e instale novos parques infantís no rural

• Nerea Barcia remarca que “a creación duns parques para a cativada e instalacións biosaudables non pode ser moi complicado, pero en moitas parroquias do noso rural brillan pola súa ausencia, e onde hai a sorte de ter están nunha situación precaria, co perigo que supón para os pequenos e os adultos que os empregan”.

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de octubre de 2024 a las 22:50

Compartir

O abandono do rural por parte do BNG non é unha novidade, é máis, para desgraza da veciñanza é unha tónica na xestión dos nacionalistas, que durante a campaña electoral prometeron que estas zonas serían a súa prioridade, pero cando xa ten pasado ano e medio, nada se ten feito e todo está moito máis deteriorado.

A concelleira do Partido Popular, Nerea Barcia denunciou o total abandono no que se atopan os parques infantís das nosas parroquias, sobre todo, as situadas no rural. “Neste momento, subliña a popular, as instalacións para nenos e nenas en Marrozos e en Figueiras están totalmente destrozadas, sen que se teña feito máis que precintalos, cando o arranxo destes espazos non supón un investimento moi elevado”.

“O deporte, a actividade física, o despegarnos das tecnoloxías é algo complexo, ben por falta de tempo ou polo ritmo de vida, pero non é imposible, remarca a edil popular, pero a realidade é que o BNG non fai nada para dotar o noso rural de espazos comúns para facilitar o poder facer outras actividades”.

Barcia remarca que “a creación de algo tan básico como un parque para os cativos e cativas e biosaudables, non é moi complicado, pero en moitas parroquias do noso rural non hai, e onde teñen a sorte de contar con algunha destas instalacións están nun estado precario, co perigo que isto supón para os pequenos usuarios e as persoas adultas que os empregan”.

A concelleira popular traslada as peticións da veciñanza, por exemplo, en Cesar reclaman un parque para nenos e nenas e tamén un biosaudable, para que pequenos e maiores poidan compartir. Engaden tamén que deben estar dotados con materiais e xogos para o desfrute das persoas e que non se vexan obrigadas a desprazarse ata Sigüeiro ou ao centro da cidade.

“Por outra banda, indica a popular, Figueiras e Marrozos teñen uns parques, por chamarlles dalgunha forma, moi precarios, só hai que achegarse ata á zona para comprobar, de primeira man, como están, son espazos inseguros e inadaptados, o que supón un obstáculo e un perigo máis que evidente”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por isto, “os pais solicitan que se arranxen estas instalacións e que se doten de materiais novos, xa que moitos dos xogos que teñen están rotos e non se poden usar, os recintos tamén están destrozados, pero parece que para os nacionalistas esta non é unha preocupación”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.