ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Pino terá dúas casas do maior en 2025

• O concello xa rematou o acondicionamento da planta baixa da antiga escola do Marquiño e da de Boavista, en San Breixo
• Dúas persoas autónomas porán en marchas os proxectos para atender a maiores de 60 anos un máximo de 40 horas semanais de luns a venres laborais
• O alcalde defendeu no último pleno esta opción fronte ao centro de día ao considerar que este é un servizo gratuíto para a cidadanía e que se pode ampliar a outras parroquias

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de diciembre de 2024 a las 20:45

Compartir

O Pino. 23-12-2024.- O Pino contará en 2025 con dúas casas do maior nas que se poderá a tender a un máximo de dez persoas maiores de 60 anos durante 40 horas semanais, de luns a venres laborais. Para poñer en marcha este servizo, que será prestado por dúas autónomas do municipio, o Concello acondicionou as antigas escolas unitarias de Ferreiros e Lardeiros.

O obxectivo é dedicar a metade da planta baixa de ambos os edificios para poder atender ás persoas maiores. O Concello non descarta habilitar máis locais noutras parroquias se hai demanda para poñer en marcha máis unidades deste servizo.

As casas do maior poderán comezar a funcionar durante 2025. Trátase dun servizo gratuíto de atención diúrna a persoas maiores de 60 anos, sen dependencia ou en situación de dependencia de grao I ou II, que estean empadroadas no Pino. En cada casa do maior pódense atender a un máximo de cinco persoas.

As casas do maior ofrecen atención de luns a venres, cun máximo de corenta horas semanais. O servizo, atendido por unha persoa autónoma ou cooperativas de traballo asociado, está aberto todo o ano agás festivos e un mes de vacacións.

No último Pleno, o alcalde, Manuel Taboada, explicou que o Concello aposta por este servizo fronte ao centro de día, “porque a casa do maior é gratuíta e no centro de día as persoas usuarias teñen que pagar sobre 500 euros mensuais”. O alcalde tamén indicou que nas casas do maior o transporte pode ser gratuíto para as persoas usuarias.

No caso de Lardeiros e de Ferreiros hai dúas mulleres do municipio que xa solicitaron poñer en marcha as dúas casas do maior, por iso o Concello acondicionou os locais para que poidan estar en funcionamento o antes posible. En ambos casos, o espazo dedicado a casa do maior contará con zona de estar ampla, cociña, despensa e baños adaptados.

“Se hai más persoas autónomas interesadas en montar casas do maior noutras parroquias, dende o Concello facilitaremos e acondicionaremos os edificios para achegar este servizo tan importante a nosa veciñanza”, dixo Manuel Taboada no Pleno.

“Con catro casas do maior xa podemos ofrecer o mesmo servizo que nun centro de día de 20 prazas, e facelo máis preto da residencia habitual dos veciños e veciñas que precisen do servizo, polo que pensamos que vai ser máis beneficioso para todos”, dixo Manuel Taboada no pleno en resposta a unha pregunta formulada polo grupo socialista.

Residencia de maiores

No pleno celebrado o 16 de decembro, no que se aprobaron os orzamentos para 2025, Manuel Taboada explicou que aínda que o Concello aposta agora polas casa do maior fronte ao centro de día, segue mantendo a necesidade de contar cunha residencia
para persoas da terceira idade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Seguimos negociando coa Consellería de Política Social a construción dunha residencia para persoas maiores”, indicou Taboada. Con este obxectivo, o Concello é propietario dunha parcela que mercou en Arca, en fronte do centro de saúde, do colexio e da casa de cultura.

Etiquetas

casa do maioro pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago