ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Pino remata cunha foto de familia diante da Catedral a última etapa do Camiño Miñoto Ribeiro

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de noviembre de 2024 a las 14:32

Compartir
  • Ramón Seijo e Erundina Bra, con máis de 80 anos, e Idaida Flores, de 10, entre o grupo de 50 persoas que completou esta ruta
  • A concelleira Eva Varela resalta os lazos de amizade e compañeirismo que establece o programa Camiña e Descubre
  • O Concello prepara a vindeira edición polo Camiño Ingles

O Pino. 18-11-2024.- Cunha foto diante da Catedral dos asistentes á ultima etapa, o Concello do Pino poñía o colofón á sétima edición do programa Camiña e Descubre. Na praza do Obradoiro, despois de asistir á misa do Peregrino, un grupo de cincuenta persoas remataba a novena e última etapa do Camiño Miñoto Ribeiro, ruta que comezaron a percorrer en Cevide (Portugal) o 23 de outubro de 2023. Para rematar a xornada, e despois da foto de familia, as persoas asistentes compartiron unhas racións de polbo e unha longa sobremesa antes de volver para a casa.

𝐑𝐚𝐦𝐨́𝐧 𝐒𝐞𝐢𝐣𝐨, veciño de San Breixo de Ferreiros, e 𝐄𝐫𝐮𝐧𝐝𝐢𝐧𝐚 𝐁𝐫𝐚, que vive en Curtis, foron dous dos protagonistas desta edición de Camiña e Descubre. Con máis de 80 anos, son un exemplo de fortaleza e demostraron o seu bo estado de forma durante todo esta ruta. Aínda que Monchiño Seijo non puido participar na sétima e oitava etapas por motivos de saúde, si puido completar este sábado o último tramo xunto ás súas amizades.

Moi orgullosa tamén rematou o Camiño Miñoto Ribeiro Carmen Santos Fernández, de Arca, que chegou á praza do Obradoiro acompañada da súa neta Idaida Flores, de tan so 10 anos e a máis nova do grupo.

“O máis importante para min e que o Camiña e Descubre é algo máis que camiñar. É compañeirismo, é amizade, é unión e convivencia”, resalta a concelleira de Cultura do Pino. Eva Varela lembra que moitas das persoas que o sábado chegaron á praza do Obradoiro participaron en todas as edicións deste programa, que atrae a persoas de todas as parroquias do Pino e tamén de municipios limítrofes como Arzúa, Frades, Curtis ou Santiago.

Eva Varela agradece as atencións “que nos prestaron os representantes de todos os concellos polos que pasamos facendo esta ruta e, dun xeito especial, á Asociación de Amigos do Camiño Miñoto Ribeiro”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Dende o Concello do Pino xa están a preparar a vindeira edición de Camiña e Descubre, que nesta oitava edición percorrerá o Camiño Inglés

Etiquetas

o pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago