ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Pino reforza o seu compromiso coa igualdade cunha programación educativa e social polo 8M

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de marzo de 2026 a las 14:11

Compartir
  • O municipio adianta os actos conmemorativos ao venres 6 de marzo cun punto informativo e preventivo de referencia
  • A campaña estenderase durante todo o mes con obradoiros coeducativos en todas as etapas escolares, desde Infantil ata a ESO
  • Os edificios públicos e o comercio local súmanse á campaña de sensibilización con material divulgativo específico

O Pino. 3-3-2026.- O Concello do Pino presenta a programación oficial para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, combinando a visibilidade institucional coa formación de base. O obxectivo do goberno local é promover a igualdade, reforzar a prevención da violencia de xénero e fomentar valores de respecto e coeducación entre a veciñanza, especialmente entre a mocidade.

Ao coincidir o 8M en domingo, o Concello concentrará os seus actos institucionais o venres 6 de marzo. Esa xornada será o punto de partida dunha campaña que chegará a todos os recunchos do municipio a través de cartelería e folletos informativos que se distribuirán en edificios públicos, centros educativos e establecementos comerciais.

Unha das pezas centrais da xornada do venres 6 será a instalación dun Espazo Informativo e Preventivo na entrada do centro educativo, que estará operativo de 09.00 a 12.00 horas. Este espazo, atendido por persoal especializado, non será unicamente un lugar de recollida de materiais, senón un punto de referencia para a cidadanía onde se ofrecerá: información clara sobre dereitos das mulleres e recursos locais e autonómicos; identificación de sinais de alerta en materia de violencia machista; e atención confidencial, respectuosa e non invasiva.

A educación como motor de cambio

O Concello do Pino entende que a igualdade real constrúese nas aulas. Por iso, durante todo o mes de marzo, desenvolverase unha programación coeducativa adaptada a cada nivel madurativo.

Así, en Educación Infantil traballarase a través do xogo e contacontos como Nin un biquiño a forza, ademais da creación dun mural colectivo baixo o lema Todas e todos somos iguais.

Tamén está incluído o obradoiro Camiñando cara á igualdade, no que os nenos e nenas colorearán pegadas de pés que se colgarán no árbore da Casa da Cultura, promovendo valores de igualdade e cooperación.

En Educación Primaria afondarase no recoñecemento das desigualdades, na identificación de estereotipos de xénero e na promoción do bo trato entre iguais. Para iso desenvolverase o obradoiros Igualdade no día a día, dinámicas participativas con xogos de clasificación e reflexión sobre o que ‘poden’ ou ‘deben’ facer nenos e nenas. e o visionado de curtas e vídeos educativos, seguidos dun diálogo guiado para favorecer o pensamento crítico.

O venres día 6, ás 13.00 horas, poderán gozar tamén da obra Travesía Unicornio de Teatro Ghazafellos, unha adaptación teatral do libro de María Canosa, gañador do Premio Anisia Miranda de teatro infantil. A obra, chea de humor e valores, mostra como un neno e o seu unicornio se atopan cunha xenia que lles axuda a escoitar e aceptar os desexos propios e alleos, rompendo roles tradicionais de xénero e promovendo a libre elección de intereses.

As actividades subirán de intensidade entre o alumnado de Educación Secundaria (ESO).  Nestes cursos abordarase sobre todo a prevención da violencia nas redes sociais, o control dixital, a desmontaxe dos mitos do amor romántico e a promoción de masculinidades positivas’ por medio de talleres e espazos de diálogo.

Compromiso institucional

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello do Pino quere ser un referente en convivencia e igualdade polo que agradece a implicación da comunidade educativa e convida a toda a veciñanza a participar nesta campaña necesaria para construír un municipio máis xusto, equitativo e libre de violencias.

Etiquetas

8Mo pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago