ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoPolítica

O Pino reafirma a súa identidade rural cunha multitudinaria Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

 

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de agosto de 2025 a las 19:53

o Conselleiro José González, pregoeiro da festa, foi agasallado cun galo

Compartir
  • O evento, declarado de Interese Turístico de Galicia, reuniu 70 exemplares na feira avícola e serviu 200 kg de galo no xantar popular
  • O conselleiro José González Vázquez destaca o compromiso co medio rural e as razas autóctonas no pregón oficial
  • Carmen Barral foi a gran triunfadora cunha colleita de seis trofeos na Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira

O Pino. 3-8-2025.- O Concello do Pino celebrou esta fin de semana a XXIV edición da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, un evento declarado de Interese Turístico de Galicia que contou cunha alta participación veciñal e visitante, unha programación renovada e máis de 4.400 euros en premios.

A xornada principal tivo lugar o domingo, cun amplo abano de actividades dende primeira hora da mañá. A partir das 09.00 h abriu a Mostra Cabalar, e ás 10.00 h deu comezo a XXIV Feira Avícola de Galos e Galiñas de Raza Piñeira, cun total de 70 exemplares vivos participantes.

A animación de rúa correu a cargo da Charanga NBA e da Feira Artesanía no Camiño, que incluíu obradoiros participativos e demostracións de oficios tradicionais. A programación familiar centrouse na zona infantil, con xogos xigantes, barca artesanal e espectáculos do Mago Antón, Kinetiko e o Circo Chosco Távole.

Como novidade desta edición, celebrouse a I Concentración de Coches Clásicos e Históricos, que reuniu máis de 35 vehículos con máis de tres décadas de antigüidade, atraendo público de todas as idades.

Un dos momentos máis concorridos foi a tradicional degustación gratuíta de galo piñeiro. Ás 14.30 h celebrouse o acto institucional da festa co pregón a cargo do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, José González Vázquez, acompañado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, así como dos alcaldes de Oroso e de Ares (que participou na feira como criador) e de concelleiros e representantes dos concellos de Toques, Arzúa, Frades e Rois, aos que o alcalde do Pino, Manuel Taboada, agradeceu a súa presenza.

Certame avícola

No certame avícola, a criadora Carmen Barral destacou cun total de seis trofeos nas seguintes categorías: 1º premio galo piñeiro ancestral, 1º premio galiña piñeira ancestral, 2º premio galo piñeiro branco, 1º e 2º premio galiña piñeira branca e 1º premio galo de curral.

Carlos Magadán recibiu tres premios: 1º e 2º premio galo piñeiro silvestre e 2º premio galo piñeiro ancestral, mentres que o seu fillo, Lucas Magadán, tamén logrou tres galardóns: 1º e 2º premio galiña piñeira branca e 2º premio galiña piñeira ancestral.

Tamén foron recoñecidos o alcalde de Ares, Julio Iglesias (1º premio galo piñeiro branco), María Dosinda (2º premio galo de curral) e Juan Potel (3º premio galo de curral).

Ás 15.00 h tivo lugar o tradicional xantar popular, baixo carpa, cun menú centrado no galo piñeiro. Servíronse arredor de 200 kg de polo de curral entre as 1.500 persoas asistentes, que esgotaron as entradas anticipadas e boa parte das dispoñibles no día.

Pola tarde, a programación ecuestre continuou coa carreira de trotóns, exhibición de enganche, proba de arrastre e o espectáculo “Pura Vida”, seguido do musical “Historia da Verbena” a cargo de La Oca Band, que puxo o broche final á xornada.

Primeira xornada con novidades

A festa arrancara xa o sábado cunha das principais novidades: a media maratón “Os 21 do Galo Piñeiro”, que uniu Arzúa e O Pino por tramos do Camiño Francés, cunha participación de 200 atletas nas dúas distancias. e os concertos de Píscore e Queiman, que deron comezo á fin de semana festiva.

A Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar 2025 estivo organizada polo Concello do Pino, coa colaboración de Turismo da Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, Agacal, Agadic, Fundación Artesanía de Galicia e ABANCA.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

galo piñeiroMostra Cabalaro pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago