ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

O Pino pide reforzar o primeiro bus a Santiago para garantir a chegada dos estudantes ás clases

• O alcalde mandoulle unha carta ao conselleiro de Presidencia tras múltiples reunións coa empresa Monbús, adxudicataria deste servizo público
• O alumnado que estuda en Compostela non pode subir ao autobús das 8.15 porque a maioría dos días está xa cheo cos peregrinos
• Este xoves, algúns mozos e mozas tiñan exames a primeira hora
• Manuel Taboada solicita a colaboración da veciñanza para documentar estas situacións mandando vídeos ou fotos ao Concello

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de mayo de 2025 a las 18:44

Compartir

Moitos estudantes do Pino non poden utilizar o primeiro autobús que vai cara a Santiago (sobre as 8.15 horas) porque cando chega ao municipio o vehículo está xa cheo. O alumnado ten que quedar en terra e utilizar coches particulares para chegar a tempo ás clases ou aos exames. Este xoves, so puideron subir catro mozos en Arca, permitindo os propios afectados que utilizaran o transporte público aqueles que tiñan exames a primeira hora.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, envioulle este mesmo xoves unha carta ao conselleiro de Presidencia (da que depende Mobilidade) para que se reforce este servizo a primeira hora da mañá con outro autobús, que podería beneficiar tamén aos municipios de Melide e Arzúa.

Manuel Taboada solicita a colaboración da veciñanza afectada, pedíndolle que remitan fotografías e vídeos ao concello para poder acreditar documentalmente aqueles casos nos que os estudantes non puideron subir ao autobús porque xa viña cheo.

O alcalde explícalle ao conselleiro na carta os principais problemas co transporte público cara a Santiago nos últimos dous anos. Un dos efectos “máis preocupantes” afecta directamente ao transporte a mocidade que estudia en Santiago. O primeiro autobús que pasa polo Pino (entre 8.15 e 8.20 horas) “chega con frecuencia totalmente ocupado, sen asentos dispoñibles, o que provoca que xa nas primeiras paradas do municipio (A Salceda, O Empalme e O Amenal), os estudantes non poidan subir ao autobús e queden nas paradas, tendo que recorrer a vehículos particulares para chegar aos seus centros educativos, tanto institutos como á Universidade de Santiago”.

Unha situación que se agrava a partir do mes de abril ou maio, “cando moitos peregrinos utilizan estes mesmos autobuses para facer o Camiño de Santiago”, di o alcalde. “Moitos deles viaxan con billetes adquiridos online, case dándolles unha preferencia de acceso fronte a outros usuarios, e tamén se detectan problemas de puntualidade, polo que o alumnado, moitas veces, chega tarde as clases”, engade a carta remitida a Xunta.

Un exemplo ocorreu este mesmo xoves, segundo relatan algunhas persoas afectadas. O autobús chegou cheo a Arca, onde só baixaron catro pasaxeiros. Como no podían subir todas as persoas que ían para Santiago, foron os propios estudantes os que deixaron que utilizaran o autobús aqueles que tiñan exame a primeira hora.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello pide medidas urxentes para acabar con esta problemática. “Unha posible solución sería reforzar a liña cun segundo autobús a primeira hora, durante os meses de maior ocupación. Un reforzo que podería comezar nos concellos de Melide ou Arzúa, tamén afectados por esta situación, contribuíndo deste xeito a garantir un servizo de transporte público digno e eficaz”, finaliza a misiva remitida polo alcalde do Pino á Consellería de Presidencia.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.