O Pino organiza o día 15 a primeira Festa da Xuventude con París de Noia e Trebol
Líder Redacción
7 de diciembre de 2023 a las 13:25
- Celebrarase en Arca, no lugar da Igrexa, a partir das 22.00 horas
- Borja Castro: “Queremos ofrecerlle á mocidade unha opción de ocio para gozar no noso municipio”
O Pino. 7-12-2023.- O Concello do Pino organiza o vindeiro venres, 15 de decembro, a primeira edición da Festa da Xuventude coas orquestras París de Noia e Trebol. Con esta iniciativa, o equipo de goberno quere “ofrecerlle á mocidade unha opción de ocio para gozar no noso municipio”, segundo indica o concelleiro de Xuventude, Borja Castro.
A I Festa da Xuventude do Pino vaise celebrar na parroquia de Arca, no lugar da Igrexa, a partir das 22.00 horas, coa actuación da Orquestra Trebol, que ofrecerá o seu segundo pase a partir das 01.00 horas.
A Orquestra París de Noia levará ata O Pino o seu espectáculo ‘La gira de la ilusión’, cun primeiro pase a medianoite e o segundo a partir das 02.00 horas.



