ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Pino móvese pola lingua cunha andaina e xogos populares no Día das Letras Galegas

Líder Redacción

Líder Redacción

30 de abril de 2025 a las 20:35

Compartir
  • Ámbalas actividades, organizadas polo departamento de Deportes, son gratuítas
  • A ruta a pé, duns 13 quilómetros, discorrerá polo Camiño Francés ao seu paso polo municipio
  • O Concello pon a disposición das persoas participantes un autobús entre a Casa da Cultura e o punto de inicio do percorrido na Calzada
  • Os xogos desenvolveranse no pavillón de Reboredo entre as cinco e as nove da tarde

O Pino. 30-4-2025.- O departamento de Deportes do Concello do Pino organiza dúas actividades para festexar o sábado 17 de maio o Día das Letras Galegas unindo actividade física e cultura. A xornada comezará cunha andaina polo Camiño Francés ao seu paso polo municipio e, xa pola tarde, a cativada poderá desfrutar dun circuíto de xogos populares. Ámbalas actividades son gratuítas, aínda que se precisa inscrición para participar na andaina.

Camiñando coa Lingua é o nome da andaina que se desenvolverá no Pino o sábado 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. O seu obxectivo é fomentar a práctica do deporte ao aire libre ao tempo que se fomenta o uso do galego entre as persoas participantes. O percorrido, duns 13 quilómetros, discorrerá entre A Calzada, no límite con Arzúa, ata a Casa da Cultura do Pino en Arca. Poden participar todas as persoas que o desexen, malia que se recomenda que teñan máis de doce anos por causa da distancia.

O Concello do Pino poñerá a disposición das persoas participantes un autobús gratuíto que sairá da Casa da Cultura ás 8.30 horas, para comezar a andaina ao redor das nove da mañá. A hora de chegada está prevista para as 12.30 horas.

As prazas están limitadas á capacidade do autobús. Por este motivo, é precisa inscrición no departamento de Deportes do Concello cubrindo o formulario que pode atoparse na páxina web ou no propio departamento de Deportes. O prazo de inscricións pecharase o luns 12 de maio ás 15.00 horas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Pola tarde, o protagonismo terano as familias, que poderán desfrutar de diferentes xogos populares no pavillón de Reboredo entre as 17.00 e as 21.00 horas. A actividade, que contará con monitores, ofrece propostas como tiro á corda, sacos, bolos, rá, paracaídas, aro, chave, zancos, petanca ou jenca.

Etiquetas

dia das letras galegaso pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago