ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Pino lanza a segunda edición do programa gratuíto ‘Conciliamos viaxando coa cativada’

• A actividade regresa tras o éxito da primeira convocatoria para favorecer a conciliación das familias
• Serán un total de cinco excursións, dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de agosto de 2025 a las 14:30

Compartir

O Pino.19-08-2025.- O Concello do Pino, a través da Concellería de Muller e Benestar Social, pon en marcha este verán a segunda edición de Conciliamos viaxando coa cativada do Pino. Trátase dun programa que regresa tras o éxito acadado o pasado ano e que busca apoiar as familias na conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares, ofrécendolle á rapazada unha experiencia educativa e lúdica a través de diferentes excursións.

A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre seis e doce anos e contempla un total de cinco saídas gratuítas nos meses de agosto e setembro, os martes e xoves. As propostas inclúen xornadas de aventura, actividades na natureza, experiencias recreativas na praia e visitas de carácter científico ao Aquarium e ao Planetarium, co obxectivo de que a cativada participante aprenda mentres se divirten e comparten tempo con outros rapaces e rapazas.

Cada saída contará cun máximo de cincuenta prazas, que se adxudicarán por orde de inscrición. Terán preferencia as crianzas que participen no programa de Lecer Verán 2025 ou noutros programas municipais de conciliación, así como as que estean empadroadas no Concello do Pino. Para favorecer que poida gozar desta experiencia o maior número posible de menores, cada participante só poderá inscribirse nun destino, agás que queden prazas vacantes.

As familias interesadas deberán cubrir a ficha de inscrición, dispoñible na web municipal ou nas dependencias do Concello en horario de mañá, e entregala antes do mércores 20 de agosto. No caso de quedaren prazas vacantes, aceptaranse solicitudes ata o día antes de cada unha das saídas. O calendario comezará o xoves 21 de agosto e continuará os días 26 e 28 dese mes, así como o 2 e o 4 de setembro. En todos os casos a concentración será ás dez da mañá diante do CPI Camiño de Santiago, desde onde partirá o grupo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A actividade é de balde e non supón ningún custo para as familias, reforzando así a aposta do Concello do Pino por unha conciliación real e por ofrecerlle alternativas de ocio educativo á infancia durante o período estival. Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad para o desenvolvemento do Plan Corresponsables.

Etiquetas

o pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago